JUANITO, JAVIER,THE BLOOD, EL AGENTE 008, LUCÍA, algúns dos personaxes dos nosos cómics, preséntannos as súas AVENTURAS.
Ponte a lelas, están FENOMENAAAAAAL!
miércoles, 28 de noviembre de 2012
POEMAS DE OUTONO
domingo, 25 de noviembre de 2012
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o día internacional contra a violencia de xénero.
É un dos problemas máis graves da nosa sociedade, froito da crueldade e do machismo.
¡Non permitamos que haxa señores Porcóns ! |
O libro dos porcos.
PORQUE TEMOS OS MESMOS DEREITOS,
debemos esixir respecto, igualdade e tolerancia
para todas.
jueves, 22 de noviembre de 2012
Mariza
jueves, 8 de noviembre de 2012
CASTAÑAS!
A castaña, un dos produtos más típicos de Galicia, durante moito tempo estivo presente na alimentación da poboación, tanto que foi motivo de refráns, cantigas, locucións...
Aquí temos algúns exemplos:
Refráns:
As castañas do castiñeiro hai que asalas no asadeiro.
A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
Ano de moitos ourizos desfai os canizos.
As castañas están caendo e estanse facendo.
A castaña no agosto quere beber e no setembro comer.
A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.
A castaña que está no camiño é do veciño.
Cantigas:
A castaña no ourizo,
quixo rir e regañou,
caeu do castiñeiro abaixo, vaia tombo que levou.
Acabáronse as vendimas,
aí veñen as esfolladas
para comer coas nenas
catro castañas asadas.
As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos,
os ollos da túa cara
para min son dous feitizos.
Locucións:
Forte como un castiñeiro é ser moi forte e estar moi sano.
Darlle castaña a un é enganar a alguén.
Parecerse como un ovo a unha castaña é non ter nada ou moi pouco en común.
Sacarlle as castañas do lume é solucionarlle un problema a alguén.
Xente das castañas é xente considerada de pouca importancia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)