martes, 21 de diciembre de 2021

NADAL

Xa estamos no Nadal!!!!!!



Tempo de vacacións para facer aquelas cousas que vos gustan :

*Divírtete no Nadal,

cun libro entre as mans.


Clica para ler un fragmento

Ciencia na cociña






Clica aquí

Para pensar, imaginar e investigar


Clica aquí para ler     


Para futur@s enxeñeir@s

A Theo encántanlle os cofres 

Se che gustan os pesadelos
                          

            

                          

         


 Desexaches ser algunha vez invisible ?

           






"Nalgún lugar hai un libro esperándote, anímate a atopar o teu"


* Divírtete no Nadal, 

facendo manualidades para decorar.



Clica aquí






*Divírtete no Nadal,

vendo pelis divertidas no sofá.

                               

Seguro que xa coñeces o libro... É a  historia de Cori e o seu amigo Caramelo.



Klaus



                                                                        Conto de Nadal




UN FELIZ NADAL PARA TOD@S.

Unha aperta
Ángeles

jueves, 9 de diciembre de 2021

RABIRRUBIO TIZÓN

Sabes que é o RABIRRUBIO TIZÓN? 
Pois claro,  é un paxaro:  cola de cor laranxa, solitario e ao que lle gustan as alturas. 
Seguro que preto da túa casa atópase algún e ti poderás recoñecelo se pinchas na imaxe.



Por certo, en galego ten unha chea de nomes:
O rabirrubio tizón, ou simplemente rabirrubio, chasco, curroxo, ferreiro, negreira, paxaro carbón, paxaro negro, rabirrubia ou tizón é un paxaro pequeno que era antigamente clasificado na mesma familia cós merlos, pero que agora adoita asignarse á familia Muscicapidae. wikipedia


OUTROS PAXAROS




Martín pescador por la orilla del agua – van Gogh


Adiviña: "Viaxerias somos de negros vestidas, debaixo das tellas facemos os niños".


Gloria Fuertes

Los pájaros no tienen dientes,

Con el pico se apañan.

Los pájaros pescan peces

Sin red ni caña.

Los pájaros, como los ángeles,

Tienen alas.

Los pájaros son artistas

Cuando cantan.

Los pájaros colorean el aire

Por la mañana.

Por la noche

Son músicos dormidos

En las ramas.

Da pena ver a un pájaro en la jaula.


Para coñecer máis sobre paxaros:







Clica no libro

Unha aperta.

Ángeles

lunes, 25 de octubre de 2021

Samaín!!!!

O Samaín de Mama Cabra 

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.                                                                              

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.       

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,          

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.      



Espectros, esqueletos, sapos morcegos e ... un pouco de medo!!!!


Quen se atreve!!!

Achégase unha noite máxica, O SAMAÍN, a noite do 31 de outubro. Unha noite na que bruxas, fadas, vampiras, druídas, fantasmas e todo tipo de seres poden convivir CON NÓS no NOSO MUNDO. Toca pasar medo!!!!
 Para ambientarnos utilizamos decoracións feitas con cabazas, caveiras, disfraces...

A noite de Samaín anuncia o fin do verán, fin da tempada de colleita.









LEONORA,  vampira de biblioteca


 A propósito de Vampiras... Coñeces a LEONORA? 
Ela é unha vampira moi singular por varias razóns fundamentais:
*NON LLE GUSTA O SANGUE, pois é alérxica a el. 
*ENCÁNTANLLE OS LIBROS,  tanto que vive nunca biblioteca, na Biblioteca Joanina da Universidade de Coimbra.
ALIMÉNTASE DA TINTA dos libros ...ahhhh e duns bichiños que comen os libros( bibliógrafos).

Leonora ás veces síntese soiña, pero coñece a Sara e Bruno e...




2020

A autora

O ilustrador



Unha aperta.
Ángeles

jueves, 21 de octubre de 2021

Papel de sementes. Amig@ do medio ambiente

 Que che parece facer unha tarefa divertida, bonita, sen gastar diñeiro e sendo amig@ do medio ambiente.

Fabricaremos papel de sementes para facer sobres, cartas, etiquetas, tarxetas de invitación, scrapbooks... ahhhhh! e tamén poderás regalalas para sementar ( facendo o mesmo que cando plantas unha semente; porque o papel que conten a semente desintégrase na terra ca auga, e a semente xerminará).















Verdade que xa estamos desexando empezar?  

Pois poñámonos mans á obra.

PRECISAMOS:

*Papel que xa utilizaches, para darlle unha segunda vida: follas de libretas, papel de colores, xornais, aínda que deste último utiliza pouco porque oscurece máis.

*Pétalos de flores e sementes.

*Recipiente grande.

* Auga morna.

* Un coador.

*Licuadora ou batedora.

COMO FACER:

1. Rasgar o papel en anacos pequenos.

2. Introducir o papel no recipiente, botarlle abundante agua morna e deixar repousar unha hora e media.

3. Licuar con suficiente agua.

4. Engadir as flores e/ou as sementes.

5. Coar a masa co coador e espremer o exceso de auga coas mans.

6. Estirar  a masa cun rolo sobre unha superficie dura.

7. Pódeselle dar a forma  que se desexe, e colocar os pétalos onde máis guste.

8. Colocar sobre a masa estirada un trapo durante un tempo e logo retirar.

9. Deixar secar un día.  Pódesen  recortar os bordes se se desexa.




Hai unha canción que me gusta escoitar a miudo para que non se me esqueza que nunca hai que deixar de soñar para cumprir os nosos soños.
  



Espero que vos divirtades moito.
Unha aperta.
Ángeles



lunes, 11 de octubre de 2021

O CONSUMO RESPONSABLE E O MEDIO AMBIENTE


 NADA MÁS.  
Con esa moneda
 me voy a comprar 
un ramo de cielo
y un metro de mar, 
un pico de estrella, 
un sol de verdad,
 un hilo de viento.                                
María Elena Walsh                                        

*Consumir responsablemente significa que facemos un bo uso das cousas.

Podemos facer un montón de cousas que son gratis e que nos gustan: un abrazo, un sorriso, palabras de ánimo, un saúdo....

Tamén podemos dar agasallos feitos por nós mesmos: portalapis, tarxeta, marcapáxina...

É moi importante o aforro da enerxía, agora incluso máis, xa que o consumo da enerxía eléctrica resúltanos moito máis cara. 

Moita xente importante propón iniciativas para que podamos reducir o consumo. 

Por exemplo o Primeiro Ministro de Xapón, Xunichiro Koizumi, pediulles aos seus traballadores que se quiten as camisas de colar e as gravatas  e que levaran camisetas para reducir o consumo de aire  acondicionado este verán, xa que en Xapón a temperatura media é de máis de 30º.

  ESTREANDO CAMISETA!!!!!!!!!!!  

Seguro que tes unha camiseta branca que xa non utilizas, podes reciclala e conseguir unha exclusiva.

Material que precisas:

 Unha camiseta branca, rotuladores non tóxicos para tela, papel de xornal, papel continuo, cinta adhesiva.

Poñémonos mans á obra:

* Cubrir unha superficie con follas de xornal. 
*Introducir un anaco de papel continuo dentro da camiseta para que os colores non traspasen ao outro lado.
* Estirar ben a camiseta, suxetándoa á superficie para que non se mova.
*Facer o deseño nun papel: mascotas, nome de amig@s,  composición con figuras xeométricas, letras, números, estribillo da canción favorita...
*Unha vez feito o boceto, debuxar na camiseta e deixar secar. 

*"Tachán"

:  
 Camiseta nova!







(https://www.redec.es/sites/default/files/muevete_en_red_ninos_y_ninas.pdf)

 

*As consecuencias do uso abusivo e irresponsable dos plásticos son devastadoras e a necesidade de actuar de forma inmediata, para reducir o consumo, é urxente.

 






Mergullándonos nestes  libros podemos apreciar a importancia de consumir de forma axeitada e razonable.


Clica na imaxe 
Reducir o consumo de plásticos é indispensable para facer un consumo responsable.

lunes, 21 de junio de 2021

Lugares extravagantes

Despois do traballo intenso de todos estes meses, despois dun curso tan diferente e complicado, chegou a hora de relaxarvos e disfrutar:

 Comeza dando un paseo polo Burj al-Arab en Dubái



Un hotel xigante 

Se prefires podes viaxar a Urano




E como non, reláxate e viaxa mergullándote nlectura de  marabillosas aventuras no teu lugar preferido. 
Aquí vos deixo algunhas recomendacións, por se vos apetece:




Un libro surrealista e curioso.



Personaxes divertidos, ocurrentes, optimistas...













Jorge, quere cambiar á súa avoa e inventa unha..

.


Están moi cerca, donde menos o imaginas... 

e veñen dispostos a quebrantar os teus soños.

                
Unha serie de detectives de suspense de aventura e humor.

























Divertido conto 

rimado e acumulativo  



FELICES VACACIÓNS:
Unha aperta