viernes, 19 de junio de 2020

ATA PRONTO!!


Ponteareas 19/6/2020.  

 

A tod@s os meus alumn@s:

 

Seguramente  moita veces soñabades con rematar na escola, ir ao instituto e facervos maiores; chegou o momento e é posible que agora esteades un pouco asustad@s, con nervios e coa incerteza de non saber como vai ser a nova etapa, o novo colexio… 

Estade tranquil@s, todo vai ir ben. Recordades o primeiro día que viñéstedes ao colexio? Tamén vos sentiades así e erades pequenos. Será similar, alí faredes novas amizades, teredes novos profes e continuaredes a vosa aprendizaxe.

 Marchades da escola deixando aquí a vosa pegada e botarémosvos moito de menos. Pero quedan moitos recordos que nunca esqueceremos: xogos, risas, excursións, algunha bronca… 

 A pesar das circunstancias que nos tocaron vivir, seguistes sendo responsables, estando motivados  e esforzándovos  na vosa aprendizaxe. Síntome orgullosa e quero fecilitarvos a vós e ás vosas familias, que vos apoiaron, para que vos mantiverades activos e non deixarades de aprender. 

Non teño dúbida de que continuaredes facendo así. Non deixedes nunca de soñar, de ser curios@s , creativos e de inventar.

Ata pronto!!

 

                                                                   Unha aperta moi grande,

                                                                   Ángeles.





Lembrade : "Non me renderei, intentareino todo"

Moita sorte!!!  O mellor sempre está por chegar!!!

*Tedes as recomendacións para o verán na entrada anterior.

jueves, 18 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN


"Niñas en el mar" Joaquín Sorolla, pintor impresionista.

Toca descansar, acabáronse as tarefas semanais, agora teremos tempo libre para facer as cousas que máis nos gustan: xogar, ir a praia, estar con amigos... ler.

Quero recomendarvos uns libros que estou segura de que vos van gustar:




Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste?










Sara Allen es una niña de diez años que vive en Brooklyn, Nueva York. Su mayor deseo es ir sola a Manhattan para llevar a su abuela un tarta de fresa. La abuela de esta moderna Caperucita ha sido cantante de music-hall y se ha casado varias veces. El lobo es míster Woolf, un pastelero multimillonario que vive cerca de Central Park en un rascacielos con forma de tarta. Pero el hilo mágico de este relato se centra en miss Lunatic, una mendiga sin edad que vive de día oculta en la estatua de la Libertad y que sale de noche para mediar en las desgracias humanas o, si es necesario, llegar a regalar un elixir capaz de vencer al miedo.










Vampiros que no lo son. Salvadores que, en realidad, son forajidos. Seis libros que valen su peso en oro. Y lo más valioso de todo: la amistad entre personas muy diferentes.
Vera es una niña más bien solitaria que vive con su abuelo en una casita a las afueras del pueblo. Cuando, paseando un día por el bosque, encuentra un perro negro atrapado en un cepo, no imagina que va a verse arrastrada a una aventura llena de personajes que parecen siniestros (pero no lo son), otros que no parecen siniestros (pero lo son), amistad, enigmas y, sobre todo, mucha literatura.













Unha aperta, 
Ángeles.

martes, 16 de junio de 2020

ARTISTADAS


Agora que comezades as vacacións, xa teredes tempo para a lectura, Uxía, recoméndamos un libro.

 "El museo de los ladrones"
           

 
Actividades arco







              Debuxando "O PARAISO"

ENMA B.
BREOGÁN P.
XURXO I.

EMMA A.






                                                                     

                                         XANA F.









JUAN S. 

CRISTIAN


                                                                                     UXÍA








                          Animais estraños

Silvia  


Juan:


Breogán:

 

Xana






Uxía
Crebacabezas













UXÍA






Unha aperta,
Ángeles

lunes, 15 de junio de 2020

Semana do 16 ao 19 de xuño. CÁPSULA DO TEMPO

*Comezamos coa lectura dun artigo moi interesante:
 A vida secreta dos colibries.
 Sabes canto poden chegar a pesar un colibri? Que che parece o artigo? Cal é a túa opinión?




*
Como non poderemos seguir compartindo as lecturas e para saber un pouco máis do que lle ocorre a Vera, aquí tedes un enlace para ler os  dous primeiros capítulos.






Vera...



Seis libros de oro de Carlo Fabretti


* Fai un comentario sobre o que liches (inclúe título, autor, tipo de libro, un pequeno resumo deses capítulos e opinión persoal).


*Un precioso vídeo que expresa o que sentimos cando nos  enfadamos  e que se pode facer para calmarnos.


Explícanos como te sentes ti cando estás  enfadad@  e que fas para tranquilizarte.



 *Como recordo de todo o que vivimos durante este últimos meses, que nos privaron de moitas cousas, pero que nos deron outras, propoñémosche que fagas a túa cápsula do tempo, para que pasados uns anos podas recordar como viviste ti e a túa familia esta situación e contarllo aos teus fill@s.















Cápsula do tempo de hai 120 anos




 Desde a biblioteca do cole elaborouse unha cápsula do tempo, podes facer a mesma ou elaborar a túa propia.

Xa sabes coma sempre, envía a foto da túa cápsula.


ACTIVIDADES DE ARCO 

Proposta semanal da profe Noe, veña que xa será a última.
  Clica aquí para vela: Actividades de Arco


INGLÉS

As tarefas de inglés telas no  Blog de inglés.
Para a corrección, enviádeas a englishbreycorner@gmail.com

Unha aperta,
Ángeles




viernes, 12 de junio de 2020

Bos días,
que vos parece se hoxe comezamos facendo un sudoku entre todos para axilizar a mente.

Sudoku

*Agora vouvos presentar uns organismos que seguramente non coñecedes, os extremófilos 101.
Soa moi raro verdade? Pois imos ver o vídeo.


EXTREMÓFILOS 101



Tócache a ti presentarnos un ser vivo que che pareza raro e insólito, para elo busca información e elabora unha pequena ficha.

*La agonía del Mar Menor

*Cartografiar el mundo

Qe opinas?

Unha aperta,
Ángeles.

miércoles, 10 de junio de 2020

martes, 9 de junio de 2020

ARTISTADAS




 Os rapaces do Instituto queren darnos a benvida e dicirvos que o instituto é coma a escola, onde se eres responsable, todo vai ir ben. Clica aquí para ver o que vos din: Carta aos alumn@s de 6º do CEIP Fermín Bouza Brey



Refráns do mes de xuño:




UXÍA



Diario dunha froita









Xeometría comestible:

XANA

XANA


HUGO FONTÁN




Opinión sobre o artigo: “El impacto del confinamiento en la conducta de los animales”.


*Xurxo
 A min este artigo pareceume moi interesante porque eu non sabía que polo confinamento algúns animais aproveitaron que os humanos non podían saír da casa e metéronse nas cidades. Tamén me fai pensar que se cambiaron os papeis, porque nós estivemos encerrados e eles libres.
Ao mellor o que nos está ensinando a naturaleza é que lle temos que prestar máis atención e non so vivir no mundo onde so nós importamos nós. Este confinamento debíanos facer reflexionar sobre o noso estilo de vida, pois a imaxe é moi significativa. A modo persoal dicir que antes non se escoitaban os paxariños e neste confinamento con todo parado foi un gusto escoitar á naturaleza.
*Silvia:
Un dos mellores artigo que lín!
Encántame o tema dos animais, non sabía que aos animais lles afectara tanto  o confinamento das persoas na súa conducta, e é unha cousa increible!! Paréceme incrible  o que lín “XABARÍS POLO CENTRO DE BARCELONA! Unha cousa moi pouco probable que  pasou durante o confinamento, e  tamén as consecuencias a corto plazo, moi asombroso, como cambios no canto de paxaros. 
UN ARTIGO MOI INTERESANTE, E QUE LLO RECOMENDO A TODO O MUNDO!!(SOBRE TODO AMANTES DOS ANIMAIS COMA MIN!!

*Breo
O artigo está moi ben, recordo ver imaxes destas na tele e no facebook, sorprendía ver como os animais se acercaban ás cidades sen ningún medo como que nós os privamos da súa liberdade e neses días eran libres de pasear por onde eles quixesen. Pero léndoo o artigo tamén entendo que non e bo para eles esa situación xa que pode perxudicalos na súa forma de vida. As cidades non están feitas para a vida dos animais, sobre todo pola contaminación que temos e por como están construídas.

*Xana
Me pareció un artículo muy real y interesante.
Una cosa que me pareció muy de verdad es que los animales puede que piensen que las ciudades son lugares seguros para ellos cuando una vez que se vuelva a la normalidad no lo va a ser para nada.
Y bueno, que además no solo a los animales, sino que a todo el planeta, fue como un pequeño descanso de los hombres. 


Actividades arco: 
Bolas voadoras. XURXO.                         
Arte-facto. UXIA





lunes, 8 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO


Bos días,

estamos na recta final do curso e de primaria, será a última semana de esforzo deste ano, así que imos involucrarnos a tope, facer as tarefas con moitas gañas e ilusión para demostrar que somos capaces de facelo aínda mellor do que o estabamos  facendo.

Hoxe propóñoche comezar escoitando unha canción que me gusta moito, seguro que xa a coñecer,  titúlase PARADISE, é de COLDPLAY, escoita .



 Que busca a elefanta? Encontra o seu paraíso? Onde estaba? Que é para ti o Paraíso?



Crea unha nova carpeta, semana do 8 ao 12, dentro da de xuño.


MATEMÁTICAS

¿Qué le dijo un número 3 a un número 30? "Para ser como yo, tienes que ser sincero".


- Como todas las semanas comenzamos con CÁLCULO MENTAL,  dinos cuantas operaciones fuiste capaz de hacer en 2 minutos (tienes el documento en el drive para anotar cuantas hiciste). Anota tus resultados.

- Comienza  leyendo el apartado" RELACIÓN CAPACIDAD Y VOLUMEN"



- Haz los ejercicios 38, 39 y 40.
_ Tienes un documento en el Drive con los ejercicios de repaso.

- Resuelve



CIENCIAS NATURAIS




Repasamos o tema 1" A nutrición". 
Repetimos o mesmo tipo de actividade que a semana pasada.
Antes de cubrir o cuestionario, leo con tranquilidade  e comproba no libro que as túas respostas son as correctas.
Se xa o tes claro, entra de novo no cuestionario, responde ás preguntas e ao finalizar non te esquezas de dalle a enviar. 
Sorte!!




CIENCIAS SOCIAIS.

Atópaste nesta cidade e tes que interpretar o plano.




* Escribe as coordenadas dos seguintes lugares de interese( recorda que nos pares de coordenadas 1º ponse a coordenada horizontal):
Torre alta  (    ,    )
Museo do arte  (    ,    )
Biblioteca  (    ,    )
* Que lugares de interese se topan nas coordenadas ( G, 3 ) e na (D , 4 )?
* Indica o itinerario que tes que seguir, se te encontras no Museo de arte e queres ir á rúa Este.
* Debuxa o plano con coordenadas dun lugar en cuadrícula. O lugar pode ser un parque, a clase...



LENGUA CASTELLANA





"La cancela del jardín seguía abierta, tal como ella la había dejado el día anterior, y en el oscuro caserón no había ningún signo de actividad. Pero la niña estaba segura de que Bruno tenía que estar por allí. Rodeó la casa en busca de algún indicio, y de pronto le llamó la atención una estrecha ventana enrejada a ras de suelo que parecía dar a un sótano. Se arrodilló junto al ven­ tanuco, pero al otro lado solo se veía oscuridad.

–¿Buscas algo? –tronó tras ella una voz amenaza­dora."

"Tal como ella la había dejado el día anterior". ¿ Qué significa esta oración?
¿ A que habrá vuelto Vera al caserón? ¿ Quién podrá estar ahí ? ¿ Crees que se esconde? ¿ Qué harías tú?


- Aquí tienes la letra de la canción que has escuchado al comienzo. Léela con mucha atención.

"Paraíso"

Cuando era solo una niña
Soñaba ver el mundo
Pero este estaba fuera de su alcanze
Así que huía de sus sueños

Y soñaba con el para-para-paraíso
Para-para-paraíso
Para-para-paraíso
Cada vez que cerraba los ojos

Cuando era solo una niña
Soñaba ver el mundo
Pero este estaba fuera de su alcanze
Y  atrapa balas entre sus dientes
Viaje a Giverny: el paraíso de Claude Monet.

La vida sigue y se vuelve pesada
La rueda destroza a la mariposa
Cada lágrima es una cascada
En la noche, la noche tormentosa
Ella cierra los ojos
En la noche, la noche tormentosa
Lejos ella volaba

Y sueña con el para-para-paraíso
Para-para-paraíso
Para-para-paraíso

Ella sueña con el para-para-paraíso
Para-para-paraíso
Para-para-paraíso

Así que descansando bajo los cielos tormentosos
Diría: Oh oh oh oh oh
Sé que el sol comenzará a ponerse

Este podría ser el para-para-el paraíso
Para-para-el paraíso
Para-para-el paraíso.

- Vuelve a escuchar la canción mientras observas con detalle la pintura de Monet.
- Tienes preparada una tarea en el Drive.

LINGUA GALEGA 
Añadir leyenda

- Haikus.                                            

Outono en follas
de amores amarelos,
malditos versos.
Miro Villar

Feito de aire
entre pinos e rochas
brota o poema.
Octavio Paz

- Recordamos que os Haikus forman parte da poesía tradicional xaponesa. Son composición breves de tres versos de 5,7 e 5 sílabas. A temática soe ser sobre a natureza e o último verso está pensado para provocar sorpresa no lector.
- Inventa un haiku sobre o verán.
- Ilústrao e escribe o haiku no mesmo folio(ponlle o nome).
- Faille unha foto.
- Tes unha tarefa no Drive.


PLÁSTICA
- Observa estas pinturas todas elas tituladas: "O Paraíso".


David Miller

Artista dixital. Firebolide


El Bosco
Gauguin

Podes observar este vídeo para que che axude a saber como empezar 


- Fai a túa interpretación do paraíso, podes inspirarte nunha destas pinturas ou noutra que ti decidas.
A técnica a utilizar pode ser: lapis( non ceras) ou acuarela.
A tarefa podes facela en folio, cartolina(tamaño folio) ou lámina do bloc de debuxo. 
- Fai foto e envíaa ao Drive.


ACTIVIDADES DE ARCO 

Proposta semanal da profe Noe, veña que xa será a última.
  Clica aquí para vela: Actividades de Arco


INGLÉS

As tarefas de inglés telas no  Blog de inglés.
Para a corrección, enviádeas a englishbreycorner@gmail.com
Unha aperta,
Ángeles 😉