lunes, 21 de junio de 2021

Lugares extravagantes

Despois do traballo intenso de todos estes meses, despois dun curso tan diferente e complicado, chegou a hora de relaxarvos e disfrutar:

 Comeza dando un paseo polo Burj al-Arab en Dubái



Un hotel xigante 

Se prefires podes viaxar a Urano




E como non, reláxate e viaxa mergullándote nlectura de  marabillosas aventuras no teu lugar preferido. 
Aquí vos deixo algunhas recomendacións, por se vos apetece:




Un libro surrealista e curioso.



Personaxes divertidos, ocurrentes, optimistas...













Jorge, quere cambiar á súa avoa e inventa unha..

.


Están moi cerca, donde menos o imaginas... 

e veñen dispostos a quebrantar os teus soños.

                
Unha serie de detectives de suspense de aventura e humor.

























Divertido conto 

rimado e acumulativo  



FELICES VACACIÓNS:
Unha aperta

jueves, 13 de mayo de 2021

XELA ARIAS



  • O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio coincidindo coa data de publicación do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro: “Cantares Gallegos” , o 17 de maio de 1863.
  •  En 1963 adícase o Día das Letras Galegas a Rosalía de Castro.
  • En 58 anos de celebracións, só 4 mulleres foron homenaxeadas: Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).


                                                              "Xeliña fala galego"






Letra da canción (combinación de cinco poemas do libro de Xela Arias “Intempériome” (2003):

Vide.

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido

a vos ver.

Ven que te reto

a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:

agora busco que coxugues

ben o verbo dos posibles,

e que ti esquezas esa radio de cousas previas

amarrada sempre ós pensamentos,

sempre ós pensamentos.

Incéndiate

á calor da observación.

E repasa logo a ollada

no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa

que te percibas a ti,

que te percibas

tamén ti atropelada das palabras,

á procura de trazos que nos

describan.

que nos describan.

Intempestiva,

serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia

á procura

da froita

madura.

Vencerse é cousa

de se tratar.

Vide.

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido

a vos ver.

Ven que te reto

a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:

agora busco que coxugues

ben o verbo dos posibles,

e que ti esquezas esa radio de cousas previas

amarrada sempre ós pensamentos,

sempre ós pensamentos.

Incéndiate

á calor da observación.

E repasa logo a ollada

no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa

que te percibas a ti,

que te percibas

tamén ti atropelada das palabras,

á procura de trazos que nos

describan.

que nos describan.

Intempestiva,

serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia

á procura

da froita

madura.

Vencerse é cousa

de se tratar.

Arias, X. (2003), Intempériome

Algúns dos seus libros:

Un libro de poemas sobre o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor.

 


Poemario dedicado ao seu fillo. Unha visión da experiencia da maternidade. 



O único en narrativa que escribíu a poeta.

"Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro".








 


martes, 27 de abril de 2021

O raposo e o paxaro

"Ás veces atopámonos con quen nos brinda a súa amizade desinteresadamente, que nos axuda a crecer...
 A historia da raposa e o paxaro móstranos que aínda que sexamos moi diferentes e pareza que non temos nada en común, surxe a amizade cando se está dispost@ a axudar, comprender, compartir, ensinar...



 Unha aperta,

Ángeles