lunes, 25 de octubre de 2021

Samaín!!!!

O Samaín de Mama Cabra 

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.                                                                              

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.       

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,          

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.      



Espectros, esqueletos, sapos morcegos e ... un pouco de medo!!!!


Quen se atreve!!!

Achégase unha noite máxica, O SAMAÍN, a noite do 31 de outubro. Unha noite na que bruxas, fadas, vampiras, druídas, fantasmas e todo tipo de seres poden convivir CON NÓS no NOSO MUNDO. Toca pasar medo!!!!
 Para ambientarnos utilizamos decoracións feitas con cabazas, caveiras, disfraces...

A noite de Samaín anuncia o fin do verán, fin da tempada de colleita.









LEONORA,  vampira de biblioteca


 A propósito de Vampiras... Coñeces a LEONORA? 
Ela é unha vampira moi singular por varias razóns fundamentais:
*NON LLE GUSTA O SANGUE, pois é alérxica a el. 
*ENCÁNTANLLE OS LIBROS,  tanto que vive nunca biblioteca, na Biblioteca Joanina da Universidade de Coimbra.
ALIMÉNTASE DA TINTA dos libros ...ahhhh e duns bichiños que comen os libros( bibliógrafos).

Leonora ás veces síntese soiña, pero coñece a Sara e Bruno e...




2020

A autora

O ilustrador



Unha aperta.
Ángeles

jueves, 21 de octubre de 2021

Papel de sementes. Amig@ do medio ambiente

 Que che parece facer unha tarefa divertida, bonita, sen gastar diñeiro e sendo amig@ do medio ambiente.

Fabricaremos papel de sementes para facer sobres, cartas, etiquetas, tarxetas de invitación, scrapbooks... ahhhhh! e tamén poderás regalalas para sementar ( facendo o mesmo que cando plantas unha semente; porque o papel que conten a semente desintégrase na terra ca auga, e a semente xerminará).















Verdade que xa estamos desexando empezar?  

Pois poñámonos mans á obra.

PRECISAMOS:

*Papel que xa utilizaches, para darlle unha segunda vida: follas de libretas, papel de colores, xornais, aínda que deste último utiliza pouco porque oscurece máis.

*Pétalos de flores e sementes.

*Recipiente grande.

* Auga morna.

* Un coador.

*Licuadora ou batedora.

COMO FACER:

1. Rasgar o papel en anacos pequenos.

2. Introducir o papel no recipiente, botarlle abundante agua morna e deixar repousar unha hora e media.

3. Licuar con suficiente agua.

4. Engadir as flores e/ou as sementes.

5. Coar a masa co coador e espremer o exceso de auga coas mans.

6. Estirar  a masa cun rolo sobre unha superficie dura.

7. Pódeselle dar a forma  que se desexe, e colocar os pétalos onde máis guste.

8. Colocar sobre a masa estirada un trapo durante un tempo e logo retirar.

9. Deixar secar un día.  Pódesen  recortar os bordes se se desexa.




Hai unha canción que me gusta escoitar a miudo para que non se me esqueza que nunca hai que deixar de soñar para cumprir os nosos soños.
  



Espero que vos divirtades moito.
Unha aperta.
Ángeles



lunes, 11 de octubre de 2021

O CONSUMO RESPONSABLE E O MEDIO AMBIENTE


 NADA MÁS.  
Con esa moneda
 me voy a comprar 
un ramo de cielo
y un metro de mar, 
un pico de estrella, 
un sol de verdad,
 un hilo de viento.                                
María Elena Walsh                                        

*Consumir responsablemente significa que facemos un bo uso das cousas.

Podemos facer un montón de cousas que son gratis e que nos gustan: un abrazo, un sorriso, palabras de ánimo, un saúdo....

Tamén podemos dar agasallos feitos por nós mesmos: portalapis, tarxeta, marcapáxina...

É moi importante o aforro da enerxía, agora incluso máis, xa que o consumo da enerxía eléctrica resúltanos moito máis cara. 

Moita xente importante propón iniciativas para que podamos reducir o consumo. 

Por exemplo o Primeiro Ministro de Xapón, Xunichiro Koizumi, pediulles aos seus traballadores que se quiten as camisas de colar e as gravatas  e que levaran camisetas para reducir o consumo de aire  acondicionado este verán, xa que en Xapón a temperatura media é de máis de 30º.

  ESTREANDO CAMISETA!!!!!!!!!!!  

Seguro que tes unha camiseta branca que xa non utilizas, podes reciclala e conseguir unha exclusiva.

Material que precisas:

 Unha camiseta branca, rotuladores non tóxicos para tela, papel de xornal, papel continuo, cinta adhesiva.

Poñémonos mans á obra:

* Cubrir unha superficie con follas de xornal. 
*Introducir un anaco de papel continuo dentro da camiseta para que os colores non traspasen ao outro lado.
* Estirar ben a camiseta, suxetándoa á superficie para que non se mova.
*Facer o deseño nun papel: mascotas, nome de amig@s,  composición con figuras xeométricas, letras, números, estribillo da canción favorita...
*Unha vez feito o boceto, debuxar na camiseta e deixar secar. 

*"Tachán"

:  
 Camiseta nova!







(https://www.redec.es/sites/default/files/muevete_en_red_ninos_y_ninas.pdf)

 

*As consecuencias do uso abusivo e irresponsable dos plásticos son devastadoras e a necesidade de actuar de forma inmediata, para reducir o consumo, é urxente.

 






Mergullándonos nestes  libros podemos apreciar a importancia de consumir de forma axeitada e razonable.


Clica na imaxe 
Reducir o consumo de plásticos é indispensable para facer un consumo responsable.