Que gañas de volver á escola!!! Por fin xa estamos aquí!
Son tantas cousas que botabamos de menos: os amig@s, a aula, as tarefas, os libros, o estar ocupad@s...
Este ano, nada menos que 5º de Primaria! Que responsabilidade ter que facelo o mellor posible para que vós vos sintades orgullos@s e tamén o fagan papá, mamá e os profes! Dígovos un segredo??? Será moi fácil, só tedes que ser moi curios@s, responsables e... disfrutar aprendendo.
Serei a vosa titora, a vosa aula será "Arco da Vella" e este será o voso blog de aula. Xunt@s aprenderemos moito, faremos moitas actividades, experiencias, amig@s... disfrutando, creando, inventando... para cumplir os nosos soños.
Coñecedes o Principito? El tamén nos quere dar uns consellos para que todo vai ben na escola.