lunes, 26 de octubre de 2020

CONVERSACIÓNS DE DOÑA CASTAÑA

 Acércase o magosto e ocórrensenos cousas coma estas coa castaña como protagonista:



"A CASTAÑA E  A BELOTA”

   

Estaban unha castaña e unha belota conversando no chan.

- Belota, belota, ti cando caes do carballo? –preguntou a castaña.    

- O mesmo día ca ti. – comentou a belota.

Xusto  cando chegou o home e levou a castaña para  asar, a belota dicía  mentras a comía un porco: ahhhh!estou morrendo, pensaba que ía ser peor. 

E así morreron as dúas, a belota comida por un porco e a castaña asada.

                                                                                                           Roi Reboiro


"A CASTAÑA E O OURIZO"


Unha  castaña e un ourizo eran os mellores amigos, estaban explorando por un bosque , que non coñecían de nada, cando a castaña dixo:

Este bosque é moi tenebroso.

É certo. – contestou o ourizo. 

Mellor ímonos de aquí. – engadíu a castaña.

Non, eu quero seguir explorando – aclarou o ourizo. 

O ourizo estaba moi enfadado. Despois de camiñar un tempo, a castaña dixo:

-Mira aquela árbore.

A árbore tiña forma de estrela, eso gustoulles aos dous e volveron a ser amigos.

                                                                                                        Kerly



"O HOME FAMENTO"


Estaban unha castaña e unha mosca na casa dun home famento de castañas.

- VAIME COMER! SOCORRO, SOCORRO, AXUDA! – dixo a castaña.

- Que pasou? Contestou a mosca.

-  Este home vaime comer! – engadíu a castaña asustada.

-   Castaña, castaña, onde estades? - quito saber o home.

-  E non podes voar? perguntou a mosca.

- Non. – respondeu a castaña.

- Ahh! Xa sei, se ves comigo polos sumidoiros, escaparemos e non te comerá.

-   É unha boa idea, veña vamos. – respondeulle a castaña

Escaparon felices e volveron ao seu hábitat.

                                                                                        Noa Vaqueiro



"A CASTAÑA E O CASTIÑEIRO"


 Unha castaña recen caída do castiñeiro e o castiñeiro conversan:

-     Por que caíches de min?  Acaso non estabas cómoda?

–preguntoulle o castiñeiro.

- NON, contestoulle ela.

-  Entón que pasou?- quixo saber a árbore.

- E que cando se é maior coma min, caes da túa póla. –susurrou a castaña.

- Entón por que eu non caio, se xa son maior? – gritou a árbore.

- Ti es parvo ou que? Como vas cair ti? Eres unha árbore! - protestou a castaña.

Naquel momento a árbore deuse conta de que as árbores non caen.

                                                                                      Dafne