lunes, 22 de febrero de 2021

ROSALIA DE CASTRO, POETA E FEMINISTA





Naceu en Conxo (Santiago de Compostela), o 24 de febreiro de 1837.
                                 
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, coincide coa data de edición da súa obra  Cantares Gallegos.



 ROSALÍA PEQUENIÑA



Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.


A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.


Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
Poema de Rosalía sobre ilustración de Marina Seoane
nin ás delicadas flores.


Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 

A súa obra:

*Describe marabillosamente a paisaxe galega.



*Afonda nos sentimentos e na saudade.

* "Canta, si queres
rapaza do demo;
canta, si queres;
Dareiche un mantelo."


*"Rosalía é Galicia que pasa rumiando a súa tristeza de séculos"Manuel Curros Enríquez


jueves, 11 de febrero de 2021

Eu de maior quero ser...


UN CÓMIC PARA DESCUBRIR aS CIENTÍFICAS Do PASADO áS CIENTÍFICAS Do FUTURO,

Ada Lovelace

CREADO, ADEMAIS, POR CIENTÍFICAS DO PRESENTE




Hipatia


Rosalind Franklin

Marie Curie 







Espero que o disfrutarades!!!! Todas podemos!!!!

Unha aperta, 
Ángeles




lunes, 8 de febrero de 2021

Eu de maior quero ser..."


 "As mulleres somos tan boas coma os homes". Agnodice

Clica na imaxe









Marie Curie. Física e química
Jane Goodell. Primatóloga




Maryam Mirzakhani. Matemática

Mae Jemison. Médica e astrónoma

Margarita Salas. Bioquímica

Sally Ride. Física e astrónoma

                                                    
                                     Rita Levi. Neurocientífica 



ÁNIMO;  TI PODES SER COMA ELAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Unha aperta,
Ángeles



jueves, 4 de febrero de 2021

Eu de maior quero ser..."




O 11 de febrero celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. 

Margarita Salas









Todas elas conseguiron cumprir os seus soños, todas podemos. Con esforzo e insistencia alcánzanse as metas. 



Un exemplo sorprendente é  Greta Thunberg comezou a  súa loita contra o cambio climático  cunha  folga escolar en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco, con tan só 15 anos conseguíu que o mundo enteiro a escoitara.

Unha aperta,
Ángeles