"Abride a fiestra , que quero ver o mar". Foron as últimas palabras que dixo Rosalia De Castro. Facémoslle caso e abrirémoslle a fiestra para coñecela un pouquiño mellor, aproveitando que se celebra o seu día. Desde este ano o 23 de febreiro será o día de Rosalía, porque naceu o 23 de febreiro , e non o 24, como se cría ata agora.
ROSALIA DE CASTRO:
*Pioneira no pensamento feminista e adiantada ao seu tempo.
*Poeta e novelista, que escribiu en lingua galega cando ninguén o facía.
ROSALIA, pirata, poeta, aventureira, medio meiga medio fada...
CEIP Espiñeira- Aldán
Os seus poemas:
Adiós ríos, adiós fontes
Adiós, ríos; adios, fontes;adios, regatos pequenos;adios, vista dos meus ollos:non sei cando nos veremos.Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei,prados, ríos, arboredas,pinares que move o vento,paxariños piadores,casiña do meu contento,muíño dos castañares,noites craras de luar,campaniñas trimbadoras,da igrexiña do lugar,amoriñas das silveirasque eu lle daba ó meu amor,camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!¡Adios groria! ¡Adios contento!¡Deixo a casa onde nacín,deixo a aldea que conozopor un mundo que non vin!Deixo amigos por estraños,deixo a veiga polo mar,deixo, en fin, canto ben quero...
Airiños, Airiños, Aires
"En las orillas del Sar"
Como chove miudiño,
como miudiño chove,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
E con esa maxia pronuncio: babuxa, chuvisca, poalla, chuvieira, barruzo, dioivo. A lírica que arroupa os versos de Rosalía é un bico anfibio. Debaixo da auga nada a pracer, presumindo das súas branquias. Fóra dela, quita o traxe de escamas, mete as mans na terra e arrinca un libro e unha flor. Esa coa que hoxe queremos agasallar ao mundo. RosalíaTe!
Ledicia Costas
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Libros que escribiu: