"Roger Federer deixa o tenis" unha noticia que nos emocionou a tod@s, pero non tanto como o feito de ver a estes dous CAMPIÓNS collidos da man, compartindo eses momentos tan conmovedores e alucinantes, como verdadeiros amigos que se respectan e se admiran.
Estas dúas persoas que dedicaron as súas vidas con esforzo e sen rendirse ante as dificultades, para chegar a ser campións; souberon facer da súa rivalidade unha grande amizade, que será para sempre. Serán un referente para moitos nenos e nenas que loitarán por conseguir os seus soños sen perder os valores humanos.
Mentras a guerra en Ucrania siga, miles de nenas e nenos coma ti, non poderán ler, nin facer outras moitas cousas. Mentras non acabe, as súas vidas en nada se parecerán ás de tod@s vós.
No perdemos a esperanza de que todo acabe pronto e de que podan volver a disfrutar da lectura, dos xogos, da familia...
Poema ilustrado de José Jorge Letria e André Letria.
A Segunda Guerra Mundial vista a través dos ollos dun neno.
Cal é o plural dePost-it? Como colocar un post-it? Como se lle chama aos posits?
Unha historia de amizade entre unha nena e un animal en perigro, un oso.
«El inspirador éxito infantil que muestra que hay otra forma de abordar el cambio climático.» ABC
Clica na imaxe, poderás ler un capítulo.
Criadas desaparecidas, mestres sospeitoso e unha tormenta de neve... Para unha nena intrépida e superinteligente como Justina Jones, esto é so o comezo dun primeiro trimestre no escalofriante colexio Highbury Hous.
"Abride a fiestra , que quero ver o mar". Foron as últimas palabras que dixo Rosalia De Castro. Facémoslle caso e abrirémoslle a fiestra para coñecela un pouquiño mellor, aproveitando que se celebra o seu día. Desde este ano o 23 de febreiro será o día de Rosalía, porque naceu o 23 de febreiro , e non o 24, como se cría ata agora.
ROSALIA DE CASTRO:
*Pioneira no pensamento feminista e adiantada ao seu tempo.
*Poeta e novelista, que escribiu en lingua galega cando ninguén o facía.
ROSALIA, pirata, poeta, aventureira, medio meiga medio fada...
CEIP Espiñeira- Aldán
Os seus poemas:
Adiós ríos, adiós fontes
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
Airiños, Airiños, Aires
Din que non falan as plantas
"En las orillas del Sar"
Como chove miudiño,
como miudiño chove,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
E con esa maxia pronuncio: babuxa, chuvisca, poalla, chuvieira, barruzo, dioivo. A lírica que arroupa os versos de Rosalía é un bico anfibio. Debaixo da auga nada a pracer, presumindo das súas branquias. Fóra dela, quita o traxe de escamas, mete as mans na terra e arrinca un libro e unha flor. Esa coa que hoxe queremos agasallar ao mundo. RosalíaTe!
Ledicia Costas Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)