"Roger Federer deixa o tenis" unha noticia que nos emocionou a tod@s, pero non tanto como o feito de ver a estes dous CAMPIÓNS collidos da man, compartindo eses momentos tan conmovedores e alucinantes, como verdadeiros amigos que se respectan e se admiran.
Estas dúas persoas que dedicaron as súas vidas con esforzo e sen rendirse ante as dificultades, para chegar a ser campións; souberon facer da súa rivalidade unha grande amizade, que será para sempre. Serán un referente para moitos nenos e nenas que loitarán por conseguir os seus soños sen perder os valores humanos.
AMIGOS PARA SEMPRE
Unha aperta,
Ángeles
No hay comentarios:
Publicar un comentario