9 da mañá. Chovía a cantaros!.
Chegamos ao auditorio de Caixanova e comezou a audición.
O espectáculo era de ODAIKO, catro estupendos músicos que nos divertiron coa súa música e transmitíronnos unha mensaxe.
Isto foi o que nós entendemos:
AÍDA: Creo que trataban de ensinar que non son sempre necesarios os instrumentos para facer música. Eles tocaban con obxectos e instrumentos de percusión."
JORGE:" Todos tocaban moi coordinados e pensei que llevarían anos de práctica, porque algo así non se aprende en tres días".
YÓNATHAN: "Ensináronnos como o home descubriu o ritmo e a música, con instrumentos de percusión".
HUGO: "Ao chegar alí, ao ver a lámpada, coma sempre, pregúntome como a limparán. ¡Ten tantos cristais!
Rematou a actuación e... Seguía chovendo!
O seguinte destino era a Exposición Permanente de Pintura de Caixanova. Alí faláronnos de " expresar os sentimentos", como os artístas nos transmiten os seus sentimentos a través das súas obras, sentimentos como:
- Tristeza por estar lonxe da túa terra, o que nós chamamos morriña, e que sentiu Maruja Mallo cando tivo que saír de Galicia ao exilio.
- O Amor e as bolboretas
- Os sentimentos que TI experimentas cando formas parte dunha obra, aínda que só sexa por un intre.
Estas son os nosas opinións:
NEREA A, AÍDA e ESTELA: " Explicáronnos que era unha instalación artística. Cando nunha obra de arte, escultura, pintura, o público pode PARTICIPAR".
NEREA R. : " Encantoume a obra La Diva. No bosque , cando ti entrabas podías escoitabar mesmo o ruído das follas ao camiñar".
LAURA: " Sorprendéronme as esculturas de homes de cera encerrados en películas antiguas, que representa que todos os homes estamos encerrados na película das nosas vidas".
ESTELA: " Mesmo teño gañas de coñecer máis sobre os artistas!".
Rematamos as actividades e... Seguía chovendo!
Pasámolo xenial y por supostos todos aprendemos cousas novas! Cumpríronse os nosos obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario