Marzo é un mes que resulta longo, aínda vai frio, os días son curtos...pero marzo despide o inverno e trae a esperada primavera!
Durante o mes de marzo celébranse distintos acontecementos:
- PINOCHO de Carlo Collodi, o 10 de marzo, cumpre nada máis nin nada menos ca 130 anos.
- O PRIMEIRO LIBRO IMPRESO, unha biblia, foi terminada nun taller de Gutenberg o 13 de marzo de 1455.
- O poeta andaluz, RAFAEL ALBERTI, publicaba o 16 de marzo de 1925 o seu libro de versos MARIÑEIRO EN TERRA.
- O 21 de marzo celebramos o comezo da primavera.
O tempo en marzo acostumar a ser moi cambiante; con frio, vento ... motivo de moitos refráns.
REFRANEIRO:
A viña do bo amo pódase no marzo; a viña do ruín pódase no abril.
Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir.
Cando en marzo chove, i en abril xía, quédase maio feito unha criba.
Cando marzo abrilea, abril marcea.
Cando marzo maiea, maio marcea.
Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo.
Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano.
Chuvia en marzo, nin o mexo dun gato.
Cóbregas en marzo, neves en abril.
Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
Di o boi: sácame en marzo e verás como pazo.
Dixo no monte unha vella: Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato. Febreiriño contestou: Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro.
Dixo o pastor a marzo: mal trataches ó meu gando; alá irás onde non volvas máis. E marzo respondeu: con tres días que me quedan, e tres que me empreste meu irmán abril, poreiche as túas ovellas a parir.
En marzo, abrigo e pantrigo.
|
Día de S.an Xosé, primeira anduriña se ve. |
Para traballar:
Que é un refrán?
Cal dos refráns é o que máis che gusta?. Intenta explicar o seu significado.
Como se indica na lectura, en marzo é o aniversario de certos acontecementos. Fíxate e responde : En que ano se publicou PINOCHO?. Cantos anos hai que se saíu a luz MARIÑEIRO EN TERRA?. E o PRIMEIRO LIBRO IMPRESO?
Boa fin de semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario