"Todas as persoas temos soños que desexamos que se cumpla para ser máis felices, hai persoas tan xenerosas que os seus soños son para conseguir a felicidade dos demais".
Yo tengo un sueño (I Have a Dream) é o nome dun dos discursos máis famosos de toda a Historia, discurso no que MARTÍN LUTERO KING falou do seu desexo de que no futuro a xente de raza negra tivera os memos dereitos que a xente de raza branca e que ambos poideran convivir en paz.
Este discurso celebrouse o 28 de agosto de 1963 durante unha manifestación en Washington en defensa da liberdade e do traballo. Hoxe, 50 anos despois seguimos recordándollo como a un heroe, que defendía os seus ideais sen violencia, sen odio; de forma pacífica e con tranquilidade.
Moita xente realiza labores en favor dos máis desfavorecidos, algúns arriscan a súa vida, e outros como MARTÍN LUTERO KING morren por defendelos.
MARTÍN LUTERO KING loitou por defender os dereitos civis dos afroamericanos, contra a Guerra de Vietnan e contra a pobreza, labor pola que recibiu o PREMIO NOBEL DA PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario