lunes, 4 de noviembre de 2013

NOVEMBRO

Chegamos a NOVEMBRO!,  a pique de rematar o ano.
CHEGA O MAGOSTO!

 Hai un montón de refráns, poemas, lendas, adiviñas dedicados ó magosto, velaquí algúns exemplos:

 Don carballo chora landras
na amencida.
E don Outono baballa
néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.



HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia




"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"
¡LEVÁNTATE ,NEBRA!

¡LEVÁNTATE ,NEBRA,
DO BICO DA SERRA! AÍ VEN SAN MARTIÑO
NO SEU CABALIÑO
QUE TE VAI LEVAR,
QUE TE VAI POUSAR
NA TONA DO MAR!

ANTONIO NORIEGA VARELA.



 ARQUIÑA PECHADA,
QUE TEN QUE COMER
E NO MUNDO ENTEIRO
NON HAI CARPINTEIRO

QUE A POIDA FACER.

http://es.wikipedia.org/wiki/Castanea

Actividades:
1.
Que árbores aparecen no primeiro poema?
Cal é o froito de cada unha delas?
Que lle fai o labrego ao castiñeiro?

2. Explica o significado do refrán.

3. Que nos quere dicir o poeta no segundo poema?

4. Resolve a  adiviña.

5. Busca información entrando na páxina que se che indica:
Fai unha descrición dos castiñeiros.
Como son as súas follas?
Son comestibles as castañas de Indias?
A quen se cre que se debe a chegada da castaña a España?
Que utilidades se lle dá a esta árbore?

No hay comentarios:

Publicar un comentario