"La educación es el arma más poderosa que puedes usar para cambiar el mundo". NELSON MANDELA
NELSON ROLIHLAHLA MANDELA, coñecido no seu país, SUDÁFRICA, como MADIBA, acaba de falecer, o pasado xoves. Foi político e avogado. Na súa loita política, seguía os pasos de GANDHI, con métodos non violentos; loitando pola liberdade de todos os homes de raza negra de Sudáfrica.
Elexido de forma democrática Presidente da REPÚBLICA DE SUDÁFRICA en 1994 ata 1999, sendo o primeiro presidente negro de SUDÁFRICA.
Concedéronlle o PREMIO NOBEL DA PAZ en 1993, tras pasar 27 anos no cárcere.
NELSON MANDELA
Actividades:
Onde naceu Nelson Mandela?
Por que lle chamaban Madiba?
Que quería conseguir para o seu país, que conseguíu en 1994?
Que significa que foi o prisioneiro número 466/64?
Como trataban os prisioneiros negros e políticos coma el?
Que pretendía facer o Servicio Secreto Sudafricano en 1969? Por que non conseguiron o seu propósito?
Cal é a túa opinión sobre el?
No hay comentarios:
Publicar un comentario