![]() |
43 ARTISTAS |
Esta Menina é froito da creatividade de todos os nen@s de 6º C e 6º D da nosa escola.
Cada un tivo o seu espazo para representar un deseño, utilizando formas xeométricas e combinando as cores (despois de coñecer a técnica do pintor brasileiro " Brito").
Para facela, investigamos sobre os diferentes estilos da pintura na Idade Contemporánea e coñecemos palabras como: naif, dadaísmo, cubismo... Razón pola que na parte posterior fixemos un mosaico cos nomes destes estilos.
Na nosa menina quixemos homenaxear a todas as pintoras galegas da Idade Contemporánea, por iso incluímos nese mesmo mosaico os nomes e pinturas dalgunhas ( Maruja Mallo, Mercedes Ruibal...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario