O ENTROIDO combina elementos tales como disfraces, grupos que cantan coplas, desfiles e festas nas rúas. A pesar das diferencias e particularidades que a súa celebración presenta no mundo, a súa característica común é unha crítica aos problemas sociais en forma festeira.
Oito son os entroidos que foron declarados de interés turístico en Galicia:
- Entroido de Xinzo de Limia.
- Entroido de Cobres.
- Entroido de Laza.
- Entroido de Verín.
- Entroido dos Felos de Maceda.
- Entroido dos Xerais do Ulla.
- Festa da Androlla e o Entroido de Viana do Bolo.
- Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda.
Gastronomia do Entroido:
Durante estas festas é típico tomar: chourizo, lacón e cachucha. As androllas e o caldo para repoñer forzas, non poden faltar.
Tamén nestas fechas son moi características as orellas e as filloas.
Refraneiro:
- O carnaval ao tizón, a pascua ao Sol.
- Pascua con quen quixeres, carnavais coas túas mulleres.
- Día de antroido ou de pascua, cada papón na súa casa.
- Martes de carnaval, Canndo has de vir? Casquiñas de ovos, casi habedes de ruxir.
- Carnaval larafuzán, comíchesme a carne e deixáchesme o pan.
- Non todos os martes son martes de carnaval.
O Entroido en Venecia |
Peliqueiros en Laza |
Felos en Maceda |
Madamas e galáns en Cobres |
Cigarróns en Verín |
No hay comentarios:
Publicar un comentario