25 de novembro. Día Internacional da eliminación da violencia de xénero
Cada 25 de novembro recordamos que estamos contra a VIOLENCIA MACHISTA na nosa sociedade.
Cada día defendemos que tod@s temos os mesmos dereitos.
Adxectivos como: forte, valente, intelixente, alegre, feliz, independente...NON TEÑEN XÉNERO e tanto serven para ELA como para EL.
Pinta o mundo de laranxa . Escóitame tamén (ONU)
Imaxe ONU mulleres
Segundo un informe da ONU:
En todo o mundo, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física o sexual, principalmente por parte dun compañeiro sentimental.
Só o 52% das mulleres casadas ou que viven en parella decide libremente sobre as relaciones sexuais, o uso de anticonceptivos e a súa saúde sexual.
Casi 750 millóns de mulleres e nenas que viven hoxe en día casáronse antes de cumprir 18 anos, mentras que uns 200 millones delas víronse sometidas á mutilación xenital feminina.
A nivel mundial en 2012, nun de cada dous casos de mulleres asasinadas, o autor era o seu compañeiro sentimental ou un membro da súa familia. No caso dos homes, estas circunstancias únicamente se deron nun de cada 20 homes asasinados.
O 71% das vítimas de trata en todo o mundo son mulleres e nenas, e 3 de cada 4 delas son utilizadas para a explotación sexual.
A violencia contra a muller é unha causa de muerte e incapacidade entre as mulleres en idade reprodutiva tan grave como o cancro e é unha causa de mala saúde maior que os accidentes de tránsito e a malaria combinados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario