Outono 2019
O outono comenzou o 23 de setembro ás 9h 50m hora oficial peninsular, segundo os cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional). Esta estación durará 89 días e 20 horas, terminará o 22 de decembro co comenzo do inverno.
Durante todo o outono Marte será visible ao amencer. Tras a posta do Sol veranse Venus, Saturno e Xúpiter.
POEMAS:
VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.
ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.
Outono
ten sono,
non pode durmir.
Ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereno e feliz.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro estacións".Árbore.
ten sono,
non pode durmir.
Ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereno e feliz.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro estacións".Árbore.
REFRÁN:
San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.
ADIVIÑANZA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario