lunes, 15 de junio de 2020

Semana do 16 ao 19 de xuño. CÁPSULA DO TEMPO

*Comezamos coa lectura dun artigo moi interesante:
 A vida secreta dos colibries.
 Sabes canto poden chegar a pesar un colibri? Que che parece o artigo? Cal é a túa opinión?




*
Como non poderemos seguir compartindo as lecturas e para saber un pouco máis do que lle ocorre a Vera, aquí tedes un enlace para ler os  dous primeiros capítulos.






Vera...



Seis libros de oro de Carlo Fabretti


* Fai un comentario sobre o que liches (inclúe título, autor, tipo de libro, un pequeno resumo deses capítulos e opinión persoal).


*Un precioso vídeo que expresa o que sentimos cando nos  enfadamos  e que se pode facer para calmarnos.


Explícanos como te sentes ti cando estás  enfadad@  e que fas para tranquilizarte.



 *Como recordo de todo o que vivimos durante este últimos meses, que nos privaron de moitas cousas, pero que nos deron outras, propoñémosche que fagas a túa cápsula do tempo, para que pasados uns anos podas recordar como viviste ti e a túa familia esta situación e contarllo aos teus fill@s.















Cápsula do tempo de hai 120 anos




 Desde a biblioteca do cole elaborouse unha cápsula do tempo, podes facer a mesma ou elaborar a túa propia.

Xa sabes coma sempre, envía a foto da túa cápsula.


ACTIVIDADES DE ARCO 

Proposta semanal da profe Noe, veña que xa será a última.
  Clica aquí para vela: Actividades de Arco


INGLÉS

As tarefas de inglés telas no  Blog de inglés.
Para a corrección, enviádeas a englishbreycorner@gmail.com

Unha aperta,
Ángeles




No hay comentarios:

Publicar un comentario