Naceu en Conxo (Santiago de Compostela), o 24 de febreiro de 1837. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, coincide coa data de edición da súa obra Cantares Gallegos. |
ROSALÍA PEQUENIÑA
Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
Ilustración de Marina Seoane |
escribía na nosa fala.
A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
Poema de Rosalía sobre ilustración de Marina Seoane |
Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.
A súa obra:
*Describe marabillosamente a paisaxe galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario