- O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio coincidindo coa data de publicación do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro: “Cantares Gallegos” , o 17 de maio de 1863.
- En 1963 adícase o Día das Letras Galegas a Rosalía de Castro.
- En 58 anos de celebracións, só 4 mulleres foron homenaxeadas: Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).
Letra da canción (combinación de cinco poemas do libro de Xela Arias “Intempériome” (2003):
Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.
Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.
Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.
Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.
E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.
Vencerse é cousa
de se tratar.
Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.
Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.
Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.
Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.
E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.
Vencerse é cousa
Algúns dos seus libros:de se tratar.
Arias, X. (2003), Intempériome
Un libro de poemas sobre o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor. |
Poemario dedicado ao seu fillo. Unha visión da experiencia da maternidade. |
O único en narrativa que escribíu a poeta. |
"Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro". |
No hay comentarios:
Publicar un comentario