lunes, 30 de enero de 2012

O MAGNETISMO

Xa que imos a estudar O Magnetismo, e para que vos vaiades informando, unha preguntiña moi sinxela:
¿Quen foi o primeiro científico que comparou a Terra cun gran imán?
Podedes encontrar a información no enlace que aparece debaixo da foto da Terra.

                                                                          

A Terra, un imán

Tod@s estades no certo, este científico foi William Gilbert.
 

HOXE 30 DE XANEIRO, DÍA DA NON VIOLENCIA

Como todos os nen@s celebramos este día con moita ilusión e bos propósitos, fixemos  actividades que nos invitaron a reflexionar e a intentar que a non violencia empece na escola, repectando e valorando a tod@s por igual.


Brayan G.

Julio

Uxia


.

lunes, 23 de enero de 2012

O ANO DE DICKENS

Saberías dicir por que este ano, 2012,  é o ano de DICKENS? ..........................................................




Propóñoche que trates de responder a estas cuestións, deste xeito aprenderás un pouquiño deste famosísimo merecido autor.
O seu nome é ....................... Dickens, naceu en .......................................................
Escribiu moitas e recoñecidas obras. Neste blog, en entradas anteriores, menciónanse dúas delas ,..................................................
Cita polo menos dous personaxes da que ten relación co Nadal …….......................................................
Nas súas obras critica a pobreza, a inxustiza, a hipocresía... Concretamente en ..........................................., denuncia o traballo infantil e a utilización dos nenos para cometer delitos. É a historia dun neno que só tenun pano de seda.
Outra das súas obras titúlase DAVID COPPERFIELD, é a súa obra máis ..................................., xa que contén elementos que fan referencia a súa propia vida. Desta obra di que é o seu libro que .......................
Tamén son coñecidas algunhas das súas frases, cita unha ………………………………………............

Moi ben, case todos respondeste moi ben, pero para aqueles que tiveron algunha dúbida, volvémolo  dicir: O seu nome é CHARLES DICKENS, o 7 de febreiro cúmplense 200 anos do seu nacemento. As obras que se mencionan no blog son:"Cuento de Navidad"Oliver Twist. Os personaxes podían ser o Sr. Scrooge e Bob Cratchit. David Copperfield é a súa obra máis autobiográfica, di que é o seu libro que máis lle gusta.

viernes, 20 de enero de 2012

PAREN EL MUNDO


  No vídeo de Mafalda non  hai diálogos nin narracións, aproveitamos para facer as explicacións segundo a nosa observación.

Alba, sempre responsable e observadora, dinos:
Mafalda aparece tomándolle a febre a bóla da terra, despois vaise a ver a tele cun neno. Cando a acenden ven un tanque destruíndo unha cidade, cambian de canal. Aparece unha cidade descontrolada. Volven a cambiar de canal, aparece un mar negro contaminado. Outra vez cambian de canal e aparecen persoas pobres pedindo.
Mafalda vaise a un cuarto, tómalle a febre a terrra, mira para o seu amigo, moi preocupada, e túmbase nunca banqueta que hai ao lado da bóla da terra. O amigo vaise do cuarto, e mira para o frente como decindo: ‘’ Hai que salvar a terra’’.

Julio, moi atento e sempre buscando explicacións, comenta:

Mafalda está cun neno vendo a televisión e só aparecen guerras, ríos contaminados, xente pobre que non ten diñeiro nin que comer. Mafalda vai  onda a terra, que está na cama con febre. Refírese a que o mundo estase volvendo tolo, está enfermo e hai que curalo.

Paula, sempre eficiente e moi hábil, opina:

Aparece unha nena, Mafalda, que lle pon un termómetro a un mundo enfermo.
Vaise a ver a televisión co seu amigo Felipe, na televisión só botan cousas como : guerras,  contaminación... Felipe  cambia varias veces de canal. Mafalda  vai onde está o mundo, quítalle o termómetro e entristécese ao velo.
Isto quere dicir que estamos matando ao mundo.