martes, 20 de mayo de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

QUERES VER A TÚA CIDADE DEBAIXO DA AUGA?
Escribe  worldunderwater.org en google chrome e verás...



Aumento do nivel do mar, froito do cambio climático

Desde 1973, o 5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Cada ano un país diferente é o anfitrión, este ano é a  illa de BARBADOS; unha illa do Caribe que tamén  loita  contra o cambio climático. O tema é "ALZA A TÚA VOZ, NON O NIVEL DO MAR".



Preténdese concienciarnos a todas as persoas en temas ambientais, motivándonos para que nos preocupemos e comecemos a ser máis respectuosos como Medio Ambiente.





ESPAÑA  foi anfitriona desta celebración en 2004 co tema "¡SE BUSCAN! MARES Y OCÉANOS. ¿VIVOS O MUERTOS?".

domingo, 11 de mayo de 2014

Xosé María Díaz Castro. LETRAS GALEGAS 2014

Poeta e traductor
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914 - 1989), poeta nado en Guitiriz (Lugo). Exerceu como profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e en Madrid  como profesor e traductor.
O seu primeiro poema publicado foi “ Lluvia de rosas”.

A SÚA OBRA:
“Nascida dun sono “,  “El cántico de la ciudad”  e “Nimbos”.
Publicou, ademais, traducións ao galego e ao castelán de poetas e prosistas europeos.
A súa obra posterior a NIMBOS é fragmentaria e algunha permaneceu inédita(sen publicar).

NIMBOS é a súa obra máis importante. Un libro curto, no que se inclúen trinta e dous poemas agrupados en sete títulos: "Pórtico", "Noite", "Lus", "Espranza", "Milagre", "Sono", "Ferida.
Destaca o poema "PENÉLOPE", onde describe a Galicia. Foi traducido ao francés.


Un paso adiante i outro atrás, Galiza,

i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

Os temas dos seus poemas eran: Galicia e as preocupacións do ser humano, a vida, a morte e o tempo.

PACO NOGUEIRAS CON DIAZ CASTRO


martes, 15 de abril de 2014

POEMAS DE PRIMAVERA

Platero. Gorka





"Xa estamos en Abril,
e este ano non trouxo
augas mil".

FELICES VACACIÓNS! e...disfrutade coa LECTURA









miércoles, 9 de abril de 2014

PLATERO Y YO



“ Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal...”
Este fragmento, é quizais o máis coñecido do libro “Platero y yo” do poeta andaluz Juan Ramón Jimenez.Trata da historia do burro Platero.

Foi a súa obra máis coñecida.
A primeira edición foi  publicada en 1914; polo tanto, este ano, cúmplese o Primeiro Centenario. Posteriormente houbo moitas máis publicacións.

En realidade non foi un libro escrito para nen@s.






Juan Ramón Jiménez para niños

Nació una noche muy fría
en Moguer, pueblo de cal,
lleno de luz y alegría,
con el aire oliendo a sal.

El poeta Juan Ramón,
el mago de las palabras
que te llega al corazón
con solo un abracadabra.

Era ya escritor notorio,
pero de frágil salud:
de médico en sanatorio
se pasó la juventud.

Se paseaba a menudo
a lomos de su Platero,
que era un burro muy peludo,        
por un estrecho sendero.

Se enamoró de Zenobia,
la persiguió noche y día,
logró que fuese su novia,
su equilibrio y su alegría.

Recibió un premio excelente,
el de grandes escritores,
por regalar a la gente
sus palabras de colores.

El escritor andaluz,
hasta el fin de su andadura,
repartió versos de luz,
y puñados de hermosura.
    (De buena tinta, Lecturas 4º de Santillana)