jueves, 10 de julio de 2014

TÚNELES DO TEMPO NA VIA LÁCTEA

TODOS SABIAMOS DA EXISTENCIA DOS CHAMADOS " AGUJEROS NEGROS", AGORA CIENTÍFICOS CHINOS CREN QUE HAI UN TÚNEL DO TEMPO NO CENTRO DA NOSA GALAXIA. UN TÚNEL DO TEMPO...?


OS "AGUJEROS DE GUSANO"  SIGNIFICARÍAN  DESPRAZAMENTOS A MAIOR VELOCIDADE QUE A LUZ.

ALBERT EINSTEIN XA INTUÍU A SÚA EXISTENCIA.


Se che interesa a noticia, clics aquí LOS AGUJEROS DE GUSANO

miércoles, 2 de julio de 2014

A CURIOSIDADE MATOU AO GATO?

Agora que disfrutades de tempo libre, no que vos podedes dedicar a facer o que vos gusta, quizais vos interese ler algúns dos libros que vos propoño.

A ver que vos parecen ...

Todos sentimos curiosidade por coñecer e saber de feitos e das aventuras da  xente.
Seguro que algunha vez escoitastes dicir: "Pícame a curiosidade" ou "A curiosidade matou ao gato ".

¿ MURIÓ LA SEÑORA GERTRUD?



A Daniel, o protagonista deste libro picouno a curiosidade por ir á casa da colina onde vive a señora Gertrud, arriscándose a ir só. 
A señora Gertrud é unha muller estraña e alí ocorren cousas, canto menos, raras .

Para comezar , aquí tedes o PRIMEIRO CAPÍTULO.



Un diario persoal é  unha autobiografía da persoa que o escribe, onde expresa os seus pensamentos, reflexións...                                                                                                                                      

EL DIARIO DE CRISTINA
Ás xemelgas Eva e  Raquel interésalles ler un caderno misterio que reciben como regalo de cumpreanos.
É o diario dunha mociña, chamada Cristina, no que conta o que ocorreu na turbulenta época que lle tocou vivir e a  súa historia de amor con Pedro. 





QUE DISFRUTEDES DE MOITAS VIAXES!

lunes, 23 de junio de 2014

ATA SEMPRE!

Último día xuntos

Despois de dous cursos xuntos,  compartindo tanto, será imposible que nos esquezamos! Gardaremos para sempre eses momentos gratos e inolvidables e... aínda que xa non nos vexamos tan  a miudo seguirá habendo entre todos eses lazos que se foron creando ao longo do tempo xuntos, seguiremos sendo amigos.
Foi un tempo especial  aprendendo xuntos, un tempo que pasou ás presas porque estabamos a gusto.
De cada un de vós , recordaremos aquel detalle, aquel rasgo que vos diferencia dos demais.

 Foi marabilloso tervos na miña aula!






Confio en vós e sei que todo irá BEN, moi BEN.

O meu agradecemento as familias pola colaboración prestada durante todo o tempo.


                                                                    ATA SEMPRE!

Recordade que este tamén é o voso blog. Espero as vosas visitas e comentarios.

viernes, 6 de junio de 2014

UNHA VIAXE INESQUECIBLE

Estamos de volta, despois de tres fermosos días disfrutando tod@s xuntos, en contacto coa natureza, compartindo risas, coñecéndonos un pouco máis...
Agora que rematades esta etapa na escola, gardaremos entre os nosos recordos, esta  VIAXE  como unha AVENTURA INESQUECIBLE.



2."O pobo dorme", un divertido xogo.
1. Preparad@s para a aventura!

3. Comezando a ruta do  rio VERDUXO.
                                        
                                           4. Había que cruzar con coidado!


6. Mumm! Rica ensalada!
5. Empeñad@s en que o noso equipo gañara.
7. Chegaremos ao cume!

9. Un feto de quenlla,  víboras, sapos, píntegas...no taller de bioloxía.

8. Esmagando a Alberto.
10.  Un recordo para o futuro: chaveiros.



11.Últimos momentos antes do regreso.
Que mágoa!