martes, 30 de septiembre de 2014

O SISTEMA SOLAR

Galaxias, estrelas, planetas...son só unha moi pequena parte
do UNIVERSO, a maior parte é masa escura.

Despois do BIG BANG o espacio comezou a EXPANDIRSE e aínda
o segue facendo.

Hai diferentes teorías e lendas sobre a orixe do Universo.

"Pangu foi o primeiro creador. Ao comezo só había un caos sen forma do que xurdiu un ovo de 18.000 anos. Cando as forzas Ying e Yang estaban equilibradas, Pangu saìu do ovo e tomou a tarefa de crear o Mundo. Dividíu o Ying e o Yang ca súa machada. O Ying fundiuse para formar a Terra, mentras que o Yang elevouse para formar os ceos. Pangu permaneu entre ambos para que non se volveran a xuntar. 
Pangu estaba canso. Tumbouse e o sono foino acercando a súa morte e... da  súa respiración xurdiu o vento, da súa voz os  tronos. Do ollo esquerdo o Sol e do  dereito a Lúa. O seu corpo converteuse en  montañas. O seu sangue  en  ríos.  Os músculos nas terras fértiles. A peluxe da  su cara nas estrelas e  a Vía Láctea. O seu pelo deu origen aos bosques. Os seus ósos aos minerais. A médula aos diamantes sagrados. A súa suor caeu  en forma de choiva e as pequenas criaturas que poboaban o  seu corpo, levadas polo vento, convertéronse nos seres humanos".



REFRÁNS E ADIVIÑANZAS:




Buscar la luna a mediodía, es bobería

La luna cercada de lluvias cargada

Desde San Antón(17 de enero), una hora más de Sol
Cuando llueve y hace Sol, coge caracol

Venus duerme si Marte vela

Un platito de avellanas que de día se recogen y de noche se derraman

De día yo me levanto; de noche de juerga voy; tiño de rojo el ocaso, ¿a qué no sabes quién soy?




Stephen Hawking e a súa filla Lucy, escribiron este libro para explicarlles aos nen@s a orixe do Universo, o Big Bang, os " agujeros de gusano"...






VIDEO: "O UNIVERSO"

viernes, 19 de septiembre de 2014

OUTONO

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais




VIÑEDOS ROJOS EN ARIES. VINCENT VAN GOGH


REFRÁNS:

Outono chuvioso ano copioso.

San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

Planta en outono e terás para o ano todo.

 
QUEREMOS DAR A BENVIDA AOS  NEN@S DA CLASE DE  5º D A ESTE QUE SERÁ O VOSO BLOGUE.



jueves, 10 de julio de 2014

TÚNELES DO TEMPO NA VIA LÁCTEA

TODOS SABIAMOS DA EXISTENCIA DOS CHAMADOS " AGUJEROS NEGROS", AGORA CIENTÍFICOS CHINOS CREN QUE HAI UN TÚNEL DO TEMPO NO CENTRO DA NOSA GALAXIA. UN TÚNEL DO TEMPO...?


OS "AGUJEROS DE GUSANO"  SIGNIFICARÍAN  DESPRAZAMENTOS A MAIOR VELOCIDADE QUE A LUZ.

ALBERT EINSTEIN XA INTUÍU A SÚA EXISTENCIA.


Se che interesa a noticia, clics aquí LOS AGUJEROS DE GUSANO

miércoles, 2 de julio de 2014

A CURIOSIDADE MATOU AO GATO?

Agora que disfrutades de tempo libre, no que vos podedes dedicar a facer o que vos gusta, quizais vos interese ler algúns dos libros que vos propoño.

A ver que vos parecen ...

Todos sentimos curiosidade por coñecer e saber de feitos e das aventuras da  xente.
Seguro que algunha vez escoitastes dicir: "Pícame a curiosidade" ou "A curiosidade matou ao gato ".

¿ MURIÓ LA SEÑORA GERTRUD?



A Daniel, o protagonista deste libro picouno a curiosidade por ir á casa da colina onde vive a señora Gertrud, arriscándose a ir só. 
A señora Gertrud é unha muller estraña e alí ocorren cousas, canto menos, raras .

Para comezar , aquí tedes o PRIMEIRO CAPÍTULO.



Un diario persoal é  unha autobiografía da persoa que o escribe, onde expresa os seus pensamentos, reflexións...                                                                                                                                      

EL DIARIO DE CRISTINA
Ás xemelgas Eva e  Raquel interésalles ler un caderno misterio que reciben como regalo de cumpreanos.
É o diario dunha mociña, chamada Cristina, no que conta o que ocorreu na turbulenta época que lle tocou vivir e a  súa historia de amor con Pedro. 





QUE DISFRUTEDES DE MOITAS VIAXES!