jueves, 28 de febrero de 2013

A PEPENADORA



As fotos espertan en nós diferentes emocións e sentimentos, fannos sentir alegría , tristeza... .
GÚSTACHE ESTA IMAXE?
 


Fotografia premiada como unha das mellores do Word Press Photo Contest. Micah Albert. Kenia

Esta muller que vemos na foto é unha pepenadora, que nun momento de descanso do seu traballo aproveita para ler, como ela mismo dixo:" Dame algo que facer durante o día, ademais de recoller lixo".


Sabes onde está esta lectora?
Supoño que non coñecías a palabra pepenador, agora xa o sabes. Intenta definir o seu significado.     
Como cres que se sinte ela nese momento ? Intenta explicar por que.
A propósito... que emocións esperta en ti esta imaxe?
Podería transmitir algunha mensaxe? Cal?
Que título lle porías ti ?
Esta foto foi tomada en Kenia., localiza este país nun mapa e di en que continente está.

 
Podemes enviarme as respostas ao correo  ou ben facer algún comentario no blogue.



domingo, 24 de febrero de 2013

ROSALIA DE CASTRO


"Canta, si queres,
 na lingua que eu falo
 dareiche un mantelo
 dareiche un refaixo.

 Co son da gaita
 co son do pandeiro
 che pido que cantes,
 rapaza morena.."
                        Cantares Gallegos


Un día coma hoxe, un 24 de febreiro, pero de  1837  nacía en Santiago de Compostela, ROSALIA DE CASTRO. Este  ano ademais celébrase  o 150 aniversario da publicación de CANTARES GALLEGOS. 1863.
Esta  romántica escritora sempre sentiu orgullo da súa lingua  a da súa terra, presentes na súa obra.
Casou con Manuel Murguía, tivo sete fillos e morreu con 48 anos. Gustáballe o debuxo, a música e recitar.
O seu último libro " A ORILLAS DEL SAR" está escrito en lingua castelán.
Outras das súas obras:
Poesía:: "FOLLAS NOVAS"
Prosa: "El CABALLERO DE LAS BOTAS AZULES", " LA HIJA DEL MAR"



Dicen que no hablan las plantas

Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros,
Ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros,
Lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso,
De mí murmuran y exclaman:
—Ahí va la loca soñando
Con la eterna primavera de la vida y de los campos,
Y ya bien pronto, bien pronto, tendrá los cabellos canos,
Y ve temblando, aterida, que cubre la escarcha el prado

—Hay canas en mi cabeza, hay en los prados escarcha,
Mas yo prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,
Con la eterna primavera de la vida que se apaga
Y la perenne frescura de los campos y las almas,
Aunque los unos se agostan y aunque las otras se abrasan.

Astros y fuentes y flores, no murmuréis de mis sueños,

Sin ellos, ¿cómo admiraros ni cómo vivir sin ellos?

viernes, 22 de febrero de 2013

MEDIDAS DE LONXITUDE


Para calcular canto mide un obxecto, canto mides ti ou os teus compañeir@s, a distancia que hai da túa casa á escola, ó parque ou á praia... precisas coñecer as MEDIDAS DE LONXITUDE. Preme AQUÍ 

martes, 29 de enero de 2013

30 DE XANEIRO


Gloria Fuertes..

"Si todos los políticos
 se hicieran pacifistas
 vendría la paz."
 "Que no vuelva a haber otra guerra,
 pero si la hubiera,
 ¡Que todos los soldados
 se declaren en huelga".
 "La libertad no es tener un buen amo,
 sino no tener ninguno."
 "Mi partido es la Paz.
 Yo soy su líder.
 No pido votos,
 pìdo botas para los descalzos
 -que todavía hay muchos-"

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ MUNDIAL.
Sabemos que  se elexiu esta data coincidindo ca morte de GANDHI, avogado, pensador e político indio, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
MAHATMA GANDHI adicou a súa vida a loitar polos dereitos dos pobres,  a favor dos máis desfavorecidos no seu país. El loitaba dun xeito pacífico, con métodos no violentos. Foi o que implantou as folgas de fame.
Cada ano unha persoa ou institución é galardonada co Premio Nobel da Paz; para merecelo, esa persoa tivo que destacar durante ese ano, defendendo igualdade e  fraternidade entre as nacións ou entre as persoas.
Igual ca Gandhi, outras  personalidades ou institucións recibiron ese premio: Barack Obama, Martin Luther King Jr. , A Nai Teresa de Calcuta, International Physicians for the Prevention of Nuclear War, Nelson Mandela...
 

FRASES SOBRE A PAZ:

"Non hai camiño para a paz, a paz é  o camino".
Mahatma Gandhi.



"Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: a paz".
Albert Einstein


" Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.
Isaac Newton