"Abride a fiestra , que quero ver o mar". Foron as últimas palabras que dixo Rosalia De Castro. Facémoslle caso e abrirémoslle a fiestra para coñecela un pouquiño mellor, aproveitando que se celebra o seu día. Desde este ano o 23 de febreiro será o día de Rosalía, porque naceu o 23 de febreiro , e non o 24, como se cría ata agora.
ROSALIA DE CASTRO:
*Pioneira no pensamento feminista e adiantada ao seu tempo.
*Poeta e novelista, que escribiu en lingua galega cando ninguén o facía.
ROSALIA, pirata, poeta, aventureira, medio meiga medio fada...
CEIP Espiñeira- Aldán
Os seus poemas:
Adiós ríos, adiós fontes
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
Airiños, Airiños, Aires
Din que non falan as plantas
"En las orillas del Sar"
Como chove miudiño,
como miudiño chove,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
E con esa maxia pronuncio: babuxa, chuvisca, poalla, chuvieira, barruzo, dioivo. A lírica que arroupa os versos de Rosalía é un bico anfibio. Debaixo da auga nada a pracer, presumindo das súas branquias. Fóra dela, quita o traxe de escamas, mete as mans na terra e arrinca un libro e unha flor. Esa coa que hoxe queremos agasallar ao mundo. RosalíaTe!
Ledicia Costas Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
A señora Rosa Parks negouse a obedecer ao chófer dun autobús público, el quería obligala a ceder o seu asiento a unha persoa de pel clara só porque tiña preferencia ante quenes como Rosa eran de pel escura.
1,4 millóns de persoas perden a vida cada ano debido á violencia, según datos da Organización Mundial da Saúde.