martes, 12 de noviembre de 2019

Un novo relato, esta vez escrito por Emma Alén.
Unha conversación entre unha castaña , un apañacastañas e o lume . A castaña ten un dilema sobre o seu destino.



"O MAGOSTO E OS TRES AMIGOS"
Érase unha vez unha castaña que se atopaba moi soa, ninguén era seu amigo …Pero eso cambiou o día de magosto. Ela estaba no chan e de repente un neno colleuna e meteuna  nunha bolsa onde había máis castañas. Intentou saír con tanta enerxía que se quedou sen ela. Estaba tan cansa que se quedou sopa.
Cando espertou estaba tirada no chan xunto co bullo e o lume. Estaba rodeada de nen@s. Un deles acercouse para ver como se queimaban as castañas. Levaba un tetrabrick de leite cunha castaña debuxada.
-        - Ola, son castaña e non teño amigos. Gustaríame saber quen eres e por que tes un debuxo meu?
-         -Como que non me coñeces! Son o apañacastañas de Mario e el debuxoute a ti.
-         -E para que serves? - preguntou a castaña.
-         -Servo para que cando o lume vos queime e esteades feitas, os nen@s poidan gardarvos aquí e logo comervos.
-         -Comernos? Como que comernos? Estás   dicindo que primeiro me queiman e logo me comen?
-         -Non, primeiro  quéimante, logo  quítanche a pel e despois cómente.
-        - Iso dame igual, o que importa é que me comen!
-         -Tes razón, por que non te agochas no bullo para que non te collan?

Sen espera máis, a castaña meteuse debaixo do bullo. Ao cabo duns segundos o bullo comezou a desaparecer.
-         -Que pasa aquí? Desapareceu  o meu escondite! O lume queimouno.
-         -Non o queimei, zampeino!
-         -Ahhhhh!- responderon  a castaña e  o apañacastañas á vez.
-         - Non sabía que ti  falabas?- dixo a castaña.
-         -Nin eu.
-         -Pois sí que falo e  como o bullo sen deixar nada. Non debes ser moi lista, pois todas as castañas saben que van ser comidas algún día.
-        - E non se resisten?- preguntou  a castaña.
-         -Claro que sí, pero non poden escapar, porque se conseguesen sobrevivir ao magosto, non sobrevivirían aos vermes; que tamén as comen.
-         -Pero eu non quero morrer!
-         -Ninguén quere morrer! Ata eu morrerei e  o apañacastañas tamén.
-         -Que? Por que?- protestou o apañacastañas.
-         -Porque xa sabes que despois do magosto tirarante ao lixo.
-         -Mario nunca faría iso!
-         -Sí que o fará.
-         -Bueno, polo menos morreremos xuntos e eu morrerei feliz por ter dous amigos, volos dous.- dixo chorando  a castaña.
Así remata a historia dos tres amigos.
                                                                                   Emma Alén González.



Parabéns Emma! A seguir escribindo para que poidamos seguir disfrutando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario