miércoles, 25 de marzo de 2020

PILOTOS DE AVIÓN

Bos días!

Hoxe propóñoche un estudio experimental algo distinto

Imos a facer 3 avións de papel e estudiaremos o seu voo en función das características do papel.

Aquí tes as instrucións
Colle tres anacos de papel de diferentes lonxitudes e constrúe un avión con cada un deles.
Podes decoralos con pegatinas ou pinturas se che apetece. 
Marca cun obxeto ou unha cinta a liña de despegue no corredor ou no cuarto no que voarán os teus avións.
Lanza cada avión e mide a lonxitude do vooAnota nunha táboa: a lonxitude do voo de cada avión (en mm, cm e m), tempo que estiveron no aire e describe cun debuxo a traxectoria do voo.



Cal foi a lonxitude máxima de voo? E a lonxitude media? Que pensas que pode influír máis na lonxitude do voo?
Fai un documento para o Drive con todos os datos e unha valoración sobre a tarefa.

A voar alto!!
Unha aperta,
Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario