lunes, 23 de marzo de 2020

REPENSAR GUERNICA

   Bos días!
Hoxe imos ir de visita ao Museo Reina Sofia, fixarémonos nun cadro do que falamos recentemente. Claro que sí, é  o "Guernica".
Entra neste enlace e logo responde as preguntas no teu diario de tarefas, recorda  que tes que poñer o título da actividade (Repensar Guernica) e as preguntas e respostas. Non esquezas poñer a data.

REPENSAR GUERNICA

Por quen foi bombardeada a cidade de Gernika? En que comunidade autónoma e en que provincia está situada? Localiza nun mapa de España a cidade de Gernika-Luno.
Quen lle fixo o encargo do cadro a Picasso? Para que?
Que foi o que inspirou a Picasso?
Ao redor de cantos esquemas e bosquexos fixo en dous meses e medio?
Onde estivo exposto antes de chegar ao Reina Sofía?
En que se convertiu?

Opinión persoal sobre o cadro, podes facer referencia ao que estaba pasando nese momento en España (repasa a páxina do tema onde explica a Guerra Civil).

Xa que falamos de arte, aquí tes unha foto do artísta. Atréveste a facerlle unha caricatura?
Fírmaa, faille unha foto e súbea ao Drive!
Faremos unha exposición coas orixinais cando volvamos á escola.



Unha aperta.





No hay comentarios:

Publicar un comentario