Que che parece facer unha tarefa divertida, bonita, sen gastar diñeiro e sendo amig@ do medio ambiente.
Fabricaremos papel de sementes para facer sobres, cartas, etiquetas, tarxetas de invitación, scrapbooks... ahhhhh! e tamén poderás regalalas para sementar ( facendo o mesmo que cando plantas unha semente; porque o papel que conten a semente desintégrase na terra ca auga, e a semente xerminará).
Verdade que xa estamos desexando empezar?
Pois poñámonos mans á obra.
PRECISAMOS:
*Papel que xa utilizaches, para darlle unha segunda vida: follas de libretas, papel de colores, xornais, aínda que deste último utiliza pouco porque oscurece máis.
*Pétalos de flores e sementes.
*Recipiente grande.
* Auga morna.
* Un coador.
*Licuadora ou batedora.
COMO FACER:
1. Rasgar o papel en anacos pequenos.
2. Introducir o papel no recipiente, botarlle abundante agua morna e deixar repousar unha hora e media.
3. Licuar con suficiente agua.
4. Engadir as flores e/ou as sementes.
5. Coar a masa co coador e espremer o exceso de auga coas mans.
6. Estirar a masa cun rolo sobre unha superficie dura.
7. Pódeselle dar a forma que se desexe, e colocar os pétalos onde máis guste.
8. Colocar sobre a masa estirada un trapo durante un tempo e logo retirar.
9. Deixar secar un día. Pódesen recortar os bordes se se desexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario