lunes, 25 de octubre de 2021

Samaín!!!!

O Samaín de Mama Cabra 

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.                                                                              

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.       

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,          

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.      



Espectros, esqueletos, sapos morcegos e ... un pouco de medo!!!!


Quen se atreve!!!

Achégase unha noite máxica, O SAMAÍN, a noite do 31 de outubro. Unha noite na que bruxas, fadas, vampiras, druídas, fantasmas e todo tipo de seres poden convivir CON NÓS no NOSO MUNDO. Toca pasar medo!!!!
 Para ambientarnos utilizamos decoracións feitas con cabazas, caveiras, disfraces...

A noite de Samaín anuncia o fin do verán, fin da tempada de colleita.









LEONORA,  vampira de biblioteca


 A propósito de Vampiras... Coñeces a LEONORA? 
Ela é unha vampira moi singular por varias razóns fundamentais:
*NON LLE GUSTA O SANGUE, pois é alérxica a el. 
*ENCÁNTANLLE OS LIBROS,  tanto que vive nunca biblioteca, na Biblioteca Joanina da Universidade de Coimbra.
ALIMÉNTASE DA TINTA dos libros ...ahhhh e duns bichiños que comen os libros( bibliógrafos).

Leonora ás veces síntese soiña, pero coñece a Sara e Bruno e...




2020

A autora

O ilustrador



Unha aperta.
Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario