miércoles, 11 de mayo de 2016

O MEU BARCO. "SOÑOS NA GAIOLA". MANUEL MARÍA


Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños,
quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos,
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar...!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ao trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
 verei terras , verei illas,
verei mares de coral...!

E andei todos os mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
 sen saír do meu fogar!




 Como facer un barco de papel


sábado, 7 de mayo de 2016

" A MENINA PINTORA"


43 ARTISTAS 



Esta Menina é froito da creatividade de todos os nen@s de 6º C e 6º D da nosa escola.
Cada un tivo o seu espazo para representar un deseño, utilizando formas xeométricas e combinando as cores (despois de coñecer a técnica do pintor brasileiro " Brito").
Para facela,  investigamos sobre os diferentes estilos da pintura na Idade Contemporánea e coñecemos palabras como: naif, dadaísmo, cubismo... Razón pola que na parte posterior fixemos un mosaico cos nomes destes estilos.
Na nosa menina quixemos homenaxear a todas as pintoras galegas da Idade Contemporánea, por iso incluímos nese mesmo  mosaico os nomes e pinturas dalgunhas ( Maruja Mallo, Mercedes Ruibal...)



Tod@s os artistas  



Outros nen@s do colexio, tamén fixeron  a súa interpretación das Meninas
AS MENINAS BOUZA BREY

viernes, 6 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO




                         Os Soños na Gaiola. O meu burriño


Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adícaselle ao escritor MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO.
Naceu en Outeiro de Rei, Lugo, o 6 de outubro de 1929  e morreu na Coruña en 2004. Era fillo de labradores acomodados.
Foi un home que defendeu o nacionalismo e loitou pola recuperación da cultura galega na clandestinidade fronte ao franquismo.
Os temas dos seus poemas son moi variados: amor, arte, física, inmaterialidade, mitoloxía, o mundo animal...
O seu primerio libro de poemas publicado foi "Muiñeiro de brétamas".
Tamén escribíu ensaio, prosa e teatro.


Obra infantil e xuvenil

  • Os soños na gaiola (1968)
  • As rúas do vento ceibe 
  • A tribo ten catro ríos 
  • Unha sombra vai polo camiño 
  • Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos 
  • Cando o mar foi polo río 
  • Viaxes e vagancias de M. P. 
  • As ribeiras son escuras 
  • O bigote de Mimí