Bos días!
Tes gañas de pensar un pouquiño? Queres facer un xogo de estrelas?
Conseguirás ir dende arriba ata abaixo enlazando as estrelas múltiples do mesmo número? ( proba coa táboa de multiplicar de cada número).
Ten en conta:
- Non podes usar a taboa de multiplicar do un 1 nin do 2 (proba dende o 3 en adiante).
- Debes usar sempre múltiplos do mesmo número.
- Ten coidado porque algunhas estrelas levan a camiños sen saída.
- Só podes moverte entre estrelas contiguas (que estén o lado).
Anímaste a probar?
Mañá poderás encontrar a solución na carpeta de drive do grupo 6A!
Unha aperta,
Ángeles
No hay comentarios:
Publicar un comentario