SEMANA DO 20 - 24 DE ABRIL
Comezamos semana e de novo con sorpresa!
Escoita un capítulo do libro escollido por... dalle a Play! ;)
Escoita un capítulo do libro escollido por... dalle a Play! ;)
MATEMÁTICAS
Empeza por axudar a Miguel a preparar a macedonia de froitas facendo "click" na man como se ve na imaxe:
Despois de ler a páxina, realiza os exercicios 11, 12, 14, 15, 17 e 18 e publícao na túa carpeta de Drive (cos enunciados).
CIENCIAS NATURAIS
Traballa as páginas 96 e 97 do libro "As mesturas e a súa separación". Fai as actividades 1 e 2 da páxina 97 e as actividades 2 e 10 da 104.
A continuación, experimenta con mesturas preparando unha plastilina! só precisas xuntar os seguintes ingredientes ata obter a consistencia desexada.
Ingredientes:
- 3 tazas de fariña
- 1 taza de sal
- 1 taza de auga
- 3 culleradas de aceite
- colorante alimenticio do color que queiras
(podes empregar especias como cúrcuma para obter laranxa ou pimentón para obter vermello)
A remexer!
Non te olvides de gardala nun bote para que non se reseque :) farache falta para o seguinte experimento.
CIENCIAS SOCIAIS
Vaite preparando para unha maratón de xeografía. Repasa as provincias porque esta semana publicaremos unha actividade e terás que ubicalas.
LINGUA CASTELÁ
Recordaremos: predicados nominales y predicados verbales.
Para ello entra en:
PREDICADO NOMINAL Y PREDICADO VERBAL
Si aún no lo tienes claro, vuelve a ver el vídeo explicativo.
Estás list@ para demostrar que lo sabes distinguir?
En el Drive encontrarás un documento con ejercicios para practicar.
- Lee el artículo que publicamos en matemáticas y expresa tu opinión sobre él, indicando lo que más te llamó la atención.
Plástica:
Tes o teu animal fantástico, agora debúxao:
Sen usar a goma
Facendo trazos, sen levantar o lapis do papel.
Se te equivocas volve a empezar.
:) Envía a foto ao Drive
LINGUA GALEGA
Co teu animal fantástico inventa unha historia (presentación, nó e desenlace).
Unha aperta,
Ángeles
No hay comentarios:
Publicar un comentario