BOS DÍAS!
Os teus compañeiros seguen creando arte.
UXÍA ANIMOUSE A COMPARTIR ALGO CON TODOS NÓS, VELAQUÍ A SÚA ADIVIÑA:
Mi abuelo tiene un hijo,
y ese hijo tiene otro hijo,
¿qué relación tengo con la persona
anterior si el hijo de mi abuelo,
es mi tío?
COMPLETA A RESPOSTA INDICANDO O TEU NOME NO DOCUMENTO DA “CARPETA DO GRUPO 6ºA” E UXÍA DIRACHE SE ACERTACHES!
SILVIA e XANA tamén comparten, DISFRUTADE DA LECTURA!
O CARBALLO E O TOXO
No bosque, pasaba algo raro, os carballos non eran os mesmos.
- Carballo, estás moi raro -dixo o toxo
-Si, síntome estraño, en vez de dar flores dou pedras - contestou o carballo malhumorado.
-Pedras?... e como e iso? desde cando?- dixo o toxo moi sorprendido.
-Desde fai semanas, as pedras caen ao chan, xerminan e en quince minutos transfórmanse en rochas - respondeu o carballo un pouco triste.
-Pero iso é xenial, e... pásache a ti só? - o toxo estaba pasmado mentras o dicía.
-Sí, bueno marcho que dentro de pouco vanme florecer as pedras - contou o carballo
O toxo quedou desolado e dixo para si mesmo:
-O bosque non é o mesmo.
A primavera 2020
Nun parque que sempre está cheo de gente, un día non había niguén.
Unhas flores falaban:
-Eh, vós sabedes por que estes días non hai persoas no parque?-preguntou unha flor
-Non, non sabemos-dixeron algunhas a coro
-Pois eu sí que o sei-dixo unha alá ao fondo
-E que é o que sabes?-dixo a flor que fixera a pregunta
-Sei que parece ser que aos humanos estalles a atacarlles un virus, o rei dos virus! É tan importante que lle chaman CORONA-VIRUS.
-Pero que dis!!!, os virus non levan corona!-riuse unha por aí
-Pois sí, unha de ouro e diamantes!-gritou a flor sabeotodo
-E para que querías saber ti iso?-preguntou unha
-Para agradecerllo, agora ninguén nos pisa, nos arranca...Agora temos todo para nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario