jueves, 14 de mayo de 2020

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS 2020


Bos días,
un pequeno agasallo dos bolechas, para comezar ben.
Coñece da man dos bolechas Scórpio, personaxe dunha  novela de Carvalho Calero, titulada Scórpio.

                             Scórpio.



A nosa lingua, As nosas letras galegas:



    

                                                                                                                                         Breo 

A miña terra


Teño morriña,
teño nostalxia,
cando a Galicia, 
non podo mirala.

A niña terra,
a miña casa,
o meu lugar,
de herdanza.
      Xurxo 6ºA
Os libros
          Os libros son especiais,
         tamén podes imaxinar
          personaxes de animais
         os que podes admirar.
          
        Podes ter aventuras,
        facer bailes de salón
         e facer mil travesuras 
           con Mortadelo e Filemón ,
           mentres vas polo mundo 
      nas ás dun avión ...
             
                               Fátima Rodríguez 6ºA

A literatura na cuarentena.

Nesta cuarentena,
moita xente sufre,
non poden traballar,
nin diñeiro gañar.

Nesta cuarentena,
moita xente sufre,
pero ao ler,
esperanza poden obter.

Por iso fago este poema,
para non nos rendir,
porque todo o mundo xunto,
o virus podemos combatir.

Se estamos xuntos,
este virus podemos parar,
para os escritores e lectores,
ás bibliotecas volvernos achegar.

Cristian Romero Martínez


     Poema


Eu penso cando isto volverá ser igual, 
cando poderemos visitar o mar, 
mentres tanto haberá que esperar, 
todos xuntos ao virus hai que parar. 


Temos que facer o que nos recomenden, 
se non nunca ao virus poderemos gañar, 
a xente que non respecta a cuarentena 
vainos  fastidiar. 

Hugo Fontán.


Poema das letras galegas

As letras galegas
están no meu corazón
e agora en cuarentena
celébroas un mogollón.

Pablo Costas

Poema letras galegas

Galicia, terra de escritores e alegría,
coas letras galegas non é tontería
temos a Castelao, ata a Rosalía...
e con Carvalho Calero
protagonista do día,
demasiada arte, madre mía.

Candela Guillén


As letras galegas.

              Gústame este día,
             pois saímos ao patio,
    e tamén xogamos con moita alegría.
       E, aínda que esteamos na casa…
              non fuxíu todo,
         pois estamos en familia.

África Sousa
                       
                                                               Coche morado

 Na estrada da miña vila
   había un coche morado,
                 o seu conductor estaba enfadado
                     porque tiña un neumático pinchado,
            dame pena ese coche morado.

Eu estaba no meu tellado;
     reparando tella tras tella,
          mentres quedaba alucinado
    con ese coche morado.

Juan

Xogos populares
Cristian e a súa irmá.

Xurxo e Iria xogando á corda.
Silvia xogando aos bolos e á peonza.

Candela saltando á corda.
       
Xana e a súa irmá xogando á brisca.


Circuíto con xogos populares. Breo

No hay comentarios:

Publicar un comentario