jueves, 7 de mayo de 2020

Viaxar imaxinando!

Ola a todos!

Comezamos cunha cortometraxe inspirada no libro “ Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore”. 🎥dalle a play!


Se che gusta, podes animarte a ler o libro 😉

Agora a deixar voar a imaxinación...
A onde che apetecería ir?

Creo que eu me animarei a ir pasar uns días nun planeta no que os paxaros pían La Campanella do compositor italiano Paganini.
E para facelo máis divertido, onde todo o que é vermello na terra, alí é amarelo e o que é verde aquí na terra, alí é vermello e azul.
Ademais, no mar deste planeta pódese respirar debaixo a auga e hai uns peixiños que te levan de ruta turística...

e ti, onde irías de vacacións?

Describe unhas vacacións no teu lugar imaxinario favorito. Pode ser un escenario que recordes do teu libro favorito ou dunha película, ou... completamente inventado por ti.

Tamén é certo que nos queda moito por descubrir do planeta no que vivimos. Seguro que escoitaches falar algunha vez do Gran Cañon, unha vistosa e escarpada garganta escavada polo río Colorado no norte de Arizona, Estados Unidos. O Canón está considerado como unha das marabillas naturais do mundo e está situado na súa maior parte dentro do Parque Nacional do Gran Canón (un dos primeiros Parques Naturais de Estados Unidos)..
O canón foi creado polo río Colorado, cuxa canle socavou o terreo durante millóns de anos. Ten uns 446 km de lonxitude.
Se segues este enlace, poderás perderte por ese parque natural dende o sofá da túa casa!

Animate a compartir o que máis che gustou da ruta ou o debuxo do teu lugar imaxinario! 

Unha aperta, 
Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario