lunes, 25 de mayo de 2020

Semana do 25 ao 29 de maio


Bos días,

propóñoche comezar as actividades observando  estas imaxes. 


Volve a mirar, fixándote  en detalles concretos.
Que xeometría observas? Que formas podes nomear?Que posicións no espazo ves( paralelismo, dentro, fóra...)?

Crea unha nova carpeta, semana do 25 ao 29 ,dentro da carpeta de maio.


MATEMÁTICAS

- Como todas las semanas comenzamos con CÁLCULO MENTAL,  dinos cuantas operaciones fuiste capaz de hacer en 2 minutos (tienes el documento en el drive para anotar cuantas hiciste). Anota tus resultados.
- Vamos a comenzar  repasando el apartado 2, " Unidades de medida de superficie" para ello, haz los  ejercicios 13 y 17.
- Lee el apartado " Medir volúmenes" y haz el ejercicio 24.
_ Del apartado "Problemas", haz los ejercicios  2 y 5.
- Del apartado" Repasa las unidades 1-10", haz  el  ejercicio 11.


-  El área  y el perímetro son lo mismo? Explica cada uno de ellos. Calcula el área  y el perímetro de un cuadrado  que mide de lado 12cm. 


Resuelve el enigma:





CIENCIAS NATURAIS

- Le o apartado do reino do protista, páxinas 80 e 81 do libro.

_  




-  Fai unha presentación en Drive:
*Portada.
*Características dos protistas.
*Clasificación e características xerais de cada un dos tipos.
* Elixe un exemplo dun de cada grupo e explica as súas  característica específicas. 
 Selecciona tipo de letra "Arial" e tamaño 14. Inclúe imaxes.


Experimento: " Como facer pegadas fosilizadas"
Apreta, pisa e aplasta.









CIENCIAS SOCIAIS.

Engade no mapa dos países da UE as capitais deses países.
- Busca información sobre a capital do país da UE do que fixeches o traballo.
*Localización dentro do país(norte, noroeste...)
*Traza unha ruta para visitar cinco lugares interesantes desa cidade.
* Prepara un menú dun xantar cun plato típico de alí.
* Propón algunha actividade cultural. Quizais encontres un museo, teatro, opera ou musical que propoñer!
- Engade toda  a información  nunha diapositiva na presentación que tes no Drive sobre o país que eliches.


LENGUA CASTELLANA
Bosque de Oma




El gran ojo








Hoy vas a conocer a Agustín Ibarrola, es un  pintor y escultor muy peculiar.
- Lee  el artículo: Visita en la UCI a los pinos del bosque pintado de Oma
Se che apetece facer un recorrido polo bosque e ver máis Árboles pintados del bosque Oma

- Después de haber leído el artículo con calma, tienes una tarea en el Drive.



"Pero la sorpresa se la llevó ella a la mañana si­guiente al llegar al claro del bosque. Bruno había desaparecido.
Durante todo el día, Vera recorrió los alrededo­res del claro buscando al perro, llamándolo a gritos hasta quedarse afónica, adentrándose en la espesura más allá de lo que aconsejaba la prudencia; pero no había ni rastro de Bruno".

Crees que encontrará Vera  a Bruno? Por qué se habrá ido?



- El  prospecto es un tipo de texto instructivo para un buen uso de los medicamentos. Elabora el prospecto de una medicina para curar una enfermedad provocada por un virus o unha bacteria.Tienes  el documento con las explicaciones en la carpeta común de sexto.



LINGUA GALEGA 

- Continúa o dicionario que estás elaborando con palabras fermosas, arrastra o documento á carpeta da semana do 25 ao 29 de maio para non esquecerte.

- " Xeometría cotiá"
1)Volve a observar as fotografías das formas xeométricas, elixe unha delas.
2)Ponlle un título.
3) Fai un documento no Drive: inserta a imaxe que elexiches. Describe o que ves: xeometría, formas, posicións no espazo, colores, texturas... non te esquezas de engadir o que che inspira, sentimentos ou emocións que che esperta ao observala.
4) Agora demostra as túas dotes fotográficas e fai unha foto que reflexe algún aspecto da xeometría, pode ser no exterior ou dentro da casa.


PLÁSTICA

Queremos lanzar ao mercado os vosos medicamentos.
Deseña o envase, tes plantillas no Drive para elexir.
Nome do medicamento(selecciona cuidadosamente tipo de letra, tamaño e cor)
Inventa un logotipo que identifique o teu produto.

Empeza por facer o deseño.





                                     Finaliza montando a caixa.



Fai foto e envíaa.

ACTIVIDADES DE ARCO 

Proposta semanal da profe Noe, ánimo que é unha actividade divertida.
  Clica aquí para vela: Actividades de Arco


INGLÉS

As tarefas de inglés tédelas no  Blog de inglés.
Para a corrección, enviádeas a englishbreycorner@gmail.com
Unha aperta,
Ángeles 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario