jueves, 20 de diciembre de 2012

CELEBRAMOS O NADAL




Para celebrar o remate deste primeiro trimestre do curso e despois do esforzo destes meses, O FESTIVAL DE NADAL.
Noraboa a tod@s  por esa actuación, sobre todo polo interese e entusiasmo que puxestes.
Estivestes estupendos!.









viernes, 14 de diciembre de 2012

AGASALLOS EN NADAL

   " Polo Nadal, un libro co que gozar".

Como sei que un libro vai a estar entre as vosas peticións de agasallos, propóñovos algúns títulos, que coido poden ser do voso agrado.
(para saber máis, preme no título)


TÉ CON LECHE











LA TELARAÑA DE CARLOTA 




                        TERCER VIAJE AL REINO DE LA FANTASÍA







   
EL TESORO DE TROYA








NÚMEROS PARES, IMPARES E IDIOTAS



PALABRAS DE ESPUMA











Xa sabes cal queres ti?. Eu sí.

viernes, 7 de diciembre de 2012


 





Este corto que ides ver, " A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO" é un conto dun famoso escritor portugués chamado JOSË SARAMAGO.




Preme aquí( para velo).


Con esa invitación que nos fai o autor, non nos podemos negar a explicar a historia con outras palabras diferentes as que el utilizou. Quizais como el di, resulten  fermosos relatos.
Ánimo, a intentalo!.

lunes, 3 de diciembre de 2012

OPERACIÓNS CON NÚMEROS DECIMAIS

Xa coñecemos os NÚMEROS DECIMAIS, agora estamos preparados para comezar a facer operacións con eles, se queres practicar clica aquí.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

O CÓMIC

JUANITO, JAVIER,THE BLOOD, EL AGENTE 008, LUCÍA, algúns dos personaxes dos nosos cómics, preséntannos as súas AVENTURAS.

Ponte a lelas, están FENOMENAAAAAAL!















POEMAS DE OUTONO

 ¡Creativos no outono!.

Dexámonos levar...observamos, inspirámonos, imaxinamos, escribimos, debuxamos e isto foi parte do que creamos:











¡ Parabéns para tod@s !

domingo, 25 de noviembre de 2012

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO




Hoxe, 25 de novembro, celébrase o día internacional contra a violencia de xénero.
É un dos problemas máis graves da nosa sociedade, froito da crueldade e do machismo.




¡Non permitamos que haxa señores Porcóns !

O libro dos porcos. 




                                                                                  

PORQUE  TEMOS OS MESMOS DEREITOS,
debemos esixir respecto, igualdade e tolerancia 
para todas.




jueves, 22 de noviembre de 2012

Mariza

Un pescador grego volve ...

Fin de semana!, tempo para descansar, xogar... e 
para  todos vós este merecido agasallo. Disfrutádeo!
MARIZA do director Constantine Krystallisde.

Cal credes que será a súa mensaxe?

jueves, 8 de noviembre de 2012

CASTAÑAS!


A castaña, un dos produtos más típicos de Galicia, durante moito tempo estivo presente na alimentación da poboación, tanto que  foi motivo de refráns, cantigas, locucións...

Aquí temos algúns exemplos:

Refráns:
As castañas do castiñeiro hai que asalas no asadeiro.                             
A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
Ano de moitos ourizos desfai os canizos.
As castañas están caendo e estanse facendo.                  
A castaña no agosto quere beber e no setembro comer.
A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.
A castaña que está no camiño é do veciño.


Cantigas: 
A  castaña no ourizo,                                            
 quixo rir e regañou,                                     
 caeu do castiñeiro abaixo,                                                                    vaia tombo que levou.                                 

Acabáronse as vendimas,

aí veñen as esfolladas
para comer coas nenas 
catro castañas asadas.  


                                          As castañas son castañas, 
                                          os ourizos son ourizos,  
                                          os ollos da túa cara
                                          para min son dous feitizos.
                             
 Locucións:

Forte como un castiñeiro é  ser moi forte e estar moi sano.
Darlle castaña a un é enganar a alguén.
Parecerse como un ovo a unha castaña é non ter nada ou moi pouco en común.
Sacarlle as castañas do lume  é solucionarlle un problema a alguén.
Xente das castañas é xente considerada de pouca importancia.






martes, 30 de octubre de 2012

Quen dixo medo?




Celebrando O SAMAÍN, unha noite  máxica na que todo pode ocorrer... encontrarte cunha bruxa na rúa,  cear cun vampiro ou mesmo sentarte ao lado un morcego.

 




Para os que vos gustan as historia de terror, aquí tedes algunhas que escribiron para vós algúns compañeir@s:



Aída, Mª José e Laura.



















¡Parabéns, estes contos están de medooo!