miércoles, 19 de febrero de 2020

ENTROIDO

 O  Entroido remóntase á antigüidade, xa que hai evidencias de que un pobo sumerio as realizaba hai máis de 5.000 anos. Durante a época da dictadura seguíronse celebrando, aínda que de forma diferente nos pobos e nas cidades.
Eran  uns días de bailes e disfraces, no que todo estaba permitido.
Esta festa, de orixe pagano, celébrana miles de persoas en todo o mundo. Son os días inmediatamente anteriores á coresma.
En Galicia está recoñecida en casi todas as localidades, pero cada unha ten as súas propias particularidades.
Actualmente nalgúns lugares é arriscado non ir disfrazado: podes recibir un latigazo ou un golpe cunha porra, botarche fariña ou formigas ou mesmo ter que invitar a unha ronda de viños.
 
 Adóitase comer: chourizos, lacón, cachucha, as filloas, as orellas...

" Carnaval larafuzán, comiches a carne e deixáchesme o pan"

Peliqueiros de Laza

Pantallas de Xinzo
      
Cigarróns de Verín


Foman o triángulo máxico do Entroido