martes, 22 de diciembre de 2020

Chegou o día, xa estamos de vacacións!!!!
Agora a disfrutar, xogar, rir, compartir, ler... A SER FELICES!!!!!



Que vos parece esta curtametraxe? Escribide a vosa opinión en comentarios.

Unha aperta,

Ángeles




 

lunes, 14 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Achégase o Nadal, as vacacións e agasallos. En nada, Papá Noel e os Reis Magos visitarán os vosos fogares para deixarvos todo o que lle pedistes na carta. 

Seguro que lles pedides algún libro,  para saber que será do voso agrado, podedes dicirlle o título a quen volo vaia mercar.

Aquí tedes unha selección deles que vos poden gustar:

  


Queres empezar a ler A señorita BubbleClica aquí



FELICES FESTAS!!!!!!
      
                                               Unha aperta,
                                                              Ángeles












lunes, 23 de noviembre de 2020

lunes, 26 de octubre de 2020

CONVERSACIÓNS DE DOÑA CASTAÑA

 Acércase o magosto e ocórrensenos cousas coma estas coa castaña como protagonista:



"A CASTAÑA E  A BELOTA”

   

Estaban unha castaña e unha belota conversando no chan.

- Belota, belota, ti cando caes do carballo? –preguntou a castaña.    

- O mesmo día ca ti. – comentou a belota.

Xusto  cando chegou o home e levou a castaña para  asar, a belota dicía  mentras a comía un porco: ahhhh!estou morrendo, pensaba que ía ser peor. 

E así morreron as dúas, a belota comida por un porco e a castaña asada.

                                                                                                           Roi Reboiro


"A CASTAÑA E O OURIZO"


Unha  castaña e un ourizo eran os mellores amigos, estaban explorando por un bosque , que non coñecían de nada, cando a castaña dixo:

Este bosque é moi tenebroso.

É certo. – contestou o ourizo. 

Mellor ímonos de aquí. – engadíu a castaña.

Non, eu quero seguir explorando – aclarou o ourizo. 

O ourizo estaba moi enfadado. Despois de camiñar un tempo, a castaña dixo:

-Mira aquela árbore.

A árbore tiña forma de estrela, eso gustoulles aos dous e volveron a ser amigos.

                                                                                                        Kerly



"O HOME FAMENTO"


Estaban unha castaña e unha mosca na casa dun home famento de castañas.

- VAIME COMER! SOCORRO, SOCORRO, AXUDA! – dixo a castaña.

- Que pasou? Contestou a mosca.

-  Este home vaime comer! – engadíu a castaña asustada.

-   Castaña, castaña, onde estades? - quito saber o home.

-  E non podes voar? perguntou a mosca.

- Non. – respondeu a castaña.

- Ahh! Xa sei, se ves comigo polos sumidoiros, escaparemos e non te comerá.

-   É unha boa idea, veña vamos. – respondeulle a castaña

Escaparon felices e volveron ao seu hábitat.

                                                                                        Noa Vaqueiro



"A CASTAÑA E O CASTIÑEIRO"


 Unha castaña recen caída do castiñeiro e o castiñeiro conversan:

-     Por que caíches de min?  Acaso non estabas cómoda?

–preguntoulle o castiñeiro.

- NON, contestoulle ela.

-  Entón que pasou?- quixo saber a árbore.

- E que cando se é maior coma min, caes da túa póla. –susurrou a castaña.

- Entón por que eu non caio, se xa son maior? – gritou a árbore.

- Ti es parvo ou que? Como vas cair ti? Eres unha árbore! - protestou a castaña.

Naquel momento a árbore deuse conta de que as árbores non caen.

                                                                                      Dafne

 



jueves, 24 de septiembre de 2020

TALLER DE ESCRITURA


             O mar e a nube

                                  

 

O mar bailaba e bailaba do aburrido que estaba. Como non sabía que facer, empezou a falar.

 ‒ Abúrrome, abúrrome  dicía.

‒ Cala un pouco que me teño que concentrar!‒dixolle a nube.

‒ Concentrarte? Para que? ‒contestou o mar.

 Para que chova!!! respondeulle a nube.

‒ Non!!!! Que non chova! Asustarás aos meus amigos  engadiu o mar.

‒ Eso a min dame igual- replicou a nube. E fixo chover con todas as súas forzas.

 Pois agora voume vingar, gritarei e gritarei ata que LORENZO  saia e así xa non te verei máis. JAJAJAJA…

                                                  Xabi Portela Prieto

jueves, 10 de septiembre de 2020

BENVID@S Á AULA DE 5º C!

   

                                                               

Que gañas de volver á escola!!! Por fin xa estamos aquí!

Son tantas cousas que botabamos de menos: os amig@s, a aula, as tarefas, os libros, o estar ocupad@s...

Este ano, nada menos que 5º de Primaria! Que responsabilidade ter que facelo o mellor posible para que vós vos sintades orgullos@s e tamén o fagan  papá, mamá e os profes! Dígovos un segredo??? Será moi fácil, só tedes que ser moi curios@s, responsables e... disfrutar aprendendo.

Serei a vosa titora, a vosa aula será "Arco da Vella" e este será o voso blog de aula. Xunt@s aprenderemos moito, faremos moitas actividades, experiencias, amig@s...  disfrutando, creando, inventando... para cumplir os nosos soños.


Coñecedes o Principito? El tamén nos quere dar uns consellos para que todo vai ben na escola.







👉Volvemos ao cole!

 

 

YO QUIERO REÍR

 

Yo quiero reír. 

No quiero llorar.

Yo quiero sentir

el verde del mar.


El verde del mar

y el azul del cielo.

Yo quiero, yo quiero

tal vez navegar.


Sí, sí, navegar

arriba, en el cielo.

Tratar de volar

de espaldas al suelo.


Un pájaro, un pez,

yo quisiera ser

y poder cruzar

las nubes y el mar.

Autor del poema: Antonio García Teijeiro



Agora  non podemos abrazarnos, nin collernos da man. Que vos parece se aprendemos unha maneira nova de saudarmos utilizando a  linguaxe dos signos?
Estades preparad@s?




Unha aperta,

Ángeles




viernes, 19 de junio de 2020

ATA PRONTO!!


Ponteareas 19/6/2020.  

 

A tod@s os meus alumn@s:

 

Seguramente  moita veces soñabades con rematar na escola, ir ao instituto e facervos maiores; chegou o momento e é posible que agora esteades un pouco asustad@s, con nervios e coa incerteza de non saber como vai ser a nova etapa, o novo colexio… 

Estade tranquil@s, todo vai ir ben. Recordades o primeiro día que viñéstedes ao colexio? Tamén vos sentiades así e erades pequenos. Será similar, alí faredes novas amizades, teredes novos profes e continuaredes a vosa aprendizaxe.

 Marchades da escola deixando aquí a vosa pegada e botarémosvos moito de menos. Pero quedan moitos recordos que nunca esqueceremos: xogos, risas, excursións, algunha bronca… 

 A pesar das circunstancias que nos tocaron vivir, seguistes sendo responsables, estando motivados  e esforzándovos  na vosa aprendizaxe. Síntome orgullosa e quero fecilitarvos a vós e ás vosas familias, que vos apoiaron, para que vos mantiverades activos e non deixarades de aprender. 

Non teño dúbida de que continuaredes facendo así. Non deixedes nunca de soñar, de ser curios@s , creativos e de inventar.

Ata pronto!!

 

                                                                   Unha aperta moi grande,

                                                                   Ángeles.





Lembrade : "Non me renderei, intentareino todo"

Moita sorte!!!  O mellor sempre está por chegar!!!

*Tedes as recomendacións para o verán na entrada anterior.

jueves, 18 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN


"Niñas en el mar" Joaquín Sorolla, pintor impresionista.

Toca descansar, acabáronse as tarefas semanais, agora teremos tempo libre para facer as cousas que máis nos gustan: xogar, ir a praia, estar con amigos... ler.

Quero recomendarvos uns libros que estou segura de que vos van gustar:




Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste?










Sara Allen es una niña de diez años que vive en Brooklyn, Nueva York. Su mayor deseo es ir sola a Manhattan para llevar a su abuela un tarta de fresa. La abuela de esta moderna Caperucita ha sido cantante de music-hall y se ha casado varias veces. El lobo es míster Woolf, un pastelero multimillonario que vive cerca de Central Park en un rascacielos con forma de tarta. Pero el hilo mágico de este relato se centra en miss Lunatic, una mendiga sin edad que vive de día oculta en la estatua de la Libertad y que sale de noche para mediar en las desgracias humanas o, si es necesario, llegar a regalar un elixir capaz de vencer al miedo.










Vampiros que no lo son. Salvadores que, en realidad, son forajidos. Seis libros que valen su peso en oro. Y lo más valioso de todo: la amistad entre personas muy diferentes.
Vera es una niña más bien solitaria que vive con su abuelo en una casita a las afueras del pueblo. Cuando, paseando un día por el bosque, encuentra un perro negro atrapado en un cepo, no imagina que va a verse arrastrada a una aventura llena de personajes que parecen siniestros (pero no lo son), otros que no parecen siniestros (pero lo son), amistad, enigmas y, sobre todo, mucha literatura.













Unha aperta, 
Ángeles.