jueves, 30 de abril de 2020

PAISES DA UNIÓN EUROPEA, UE

CIENCIAS SOCIAIS 



Como xa sabes que é a UE, cantos países a forman e desde cando España está dentro,
propóñoche:

1. Practicar con este xogo:

PAISES DA UNIÓN EUROPEA.

2. Facer unha presentación dun país da UE.
Elixe un país da UE e fai unha presentación que inclúa os seguintes apartados, utiliza unha diapositiva para cada apartado.
* Portada
*Nome do país. Mapa . Explicación de por que elexiches ese país.
*Datos do país: localización, extensión, poboación, capital, relixión, idioma e forma de goberno.
*Xeografia : relevo, ríos e paisaxes.
* Monumentos, cidades importantes e personaxes importantes(escritores, pintores, científicos, deportistas...)
* Tradicións, gastronomía  e festas populares.

Inclúe imaxes.
Selecciona o tipo de letra Arial y tamaño 14. Elixe unha letra diferente para a portada(WordArt).


Aquí, un pequeno agasallo para esta fin de semana. A ver se che gusta!!!


A Cloudy Lesson from Ringling Computer Animation on Vimeo.

Que nos mostra o protagonista? Envía o teu comentario( podes facelo directamente no blog).

COMENTARIOS:
Cristian: "Me parece un  video muy interesante que enseña que no hay que rendirse a pesar de las complicaciones y que de los errores se aprenden.Me ha gustado mucho".
Xurxo:" Me gustó mucho este corto. Yo creo que el protagonista nos muestra que con paciencia, imaginación y creatividad podemos hacer grandes cosas y no solo quedarnos en una".
Xana: "Me gustó mucho, aunque era un poco raro que ese metal se doblara tan fácilmente, que parecía goma".


Disfrutade dos paseos, pero non deixedes de ser moi prudentes.
Unha aperta,
Ángeles


miércoles, 29 de abril de 2020

MUSICA



A profe Antía ten preparadas para vós unhas actividades moi divertidas para que fagades durante esta semana. Como xa sabedes están no Blog da aula de música, non te equivoques e busca as que propón para o teu curso.


                                                                                            CLICA AQUÍ


CRÍTICOS LITERARIOS


🍁Somos amantes da lectura e encántanos comentar e falar sobre os libros: personaxes, imaxes, autores...pero sobre todo gústanos dar a nosa opinión.


"O aroma do liquidambar" de An Alfaya.






O liquidámbar chéiranos a:

"Así como unha árbore afrutada

"Ten un recendo a limón".

"Ten un aroma dulzón".


 "A corteza emana una resina que cheira a dulzón, por iso leva ese nome tan característico"

Cristian:
 Se eu estivese no lugar de Miro, costaríame moito asimilar que a miña nai estivera no cárcere e por iso admiro a valentía del.
Aínda que sexa un libro triste, é entretido e axudoume a pasar a primeira semana da cuarentena, estaba moi aburrido.
Todos os personaxes principais tiñan un papel na historia e isto fixo moito máis fácil leer este libro.
Estou contento de habelo leído.
Recoméndoo.

Xurxo:
Este libro pareceume aburrido porque non hai nada de intriga, nin chistes, nin aventuras e ademais so hai un incendio no que ninguén sae ferido.
E eu son unha persoa a que lle gustan os libros de intriga, misterio e comedia sobre todo.

Xana:

A min este libro pareceume moi bonito e á vez triste, que che axuda a pensar e reflexionar. Ademais pódese destacar a importancia da amizade.


Nico:

O personaxe que máis me gustou foi a avoa Violeta porque era moi simpática, axudaba aos nenos. Foi unha pena que ao final  morrera.                                                                                   Todos os personaxes me gustaron.  

Juan: 

O aroma do liquidámbar”é un libro moi interesante e á vez triste. Aínda que ten algunhas cousas graciosas; eu, sempre que lía sobre Susana ou Violeta, entristecíame, e ríame  cando lía sobre Fermín e Humberto.

Foi moi entretido e cando empezaba a ler non paraba ata ler 50 páxinas ou máis.
Recoméndoo para todo o mundo.

Candela:

Baixo o meu punto de vista é un libro bonito que trata sobre un tema singular, unha nai no cárcere.

A min o libro gustoume moito, tanto como relata o autor a historia, como os diversos sucesos que ocorren nela. Estou de acordo con Fermín, xa que eu cría que Miro merecía coñecer o segredo desde a súa familia máis que por un abusón.
Todos os puntos do libro gustáronme, pero o final non.
Eu que levaba toda a historia desexando que Miro se encontrase coa súa nai e vai, e non aparece. Tamén me pareceu innecesario o accidente do avó.
En xeral, gustoume moito.  UN GRAN LIBRO!

Silvia:
Ao principio parecíame un pouco aburrido e sen "vidilla" por varias razóns: 
- Non me gustou que se revelara tan pronto que a nai de Miro estaba no cárcere. 
- Ás veces non entendía ben algunhas cousas, como que a nai de Daniel tivera que marchar a Guatemala para coidar a avoa Violeta.

Sin embargo, pola metade do libro empezoume a gustar máis e a engancharme. O final foi moi bonito, saber que a nai de Miro ía volver pronto a casa e que Adelaida, a nai de Daniel, xa estaba na súa. A pesar do que tiveron que sufrir os dous, por fin volveron a ser felices.

Breo:
Gústame Miro porque é un neno moi tímido, quere moito a súa nai e é moi cariñoso. Eu son así coa miña nai, dese xeito, por iso me sinto identificado con ese personaxe.



A min o libro non me gustou moito, xa que ao comezo non identificaba ben os personaxes, fíxoseme aburrido e non me chamou a atención tanto como eu esperaba; aínda así, gustoume o personaxe de Miro.
Liquidámbar no xardín do tío de Breo, como vedes aínda non lle brotaron as follas.



Uxía:
Síntome máis identificada con Miro, porque ainda que el é un neno e eu unha nena, pasoume o mesmo cun familiar. Non era miña nai, nin tampouco estaba no cárcere, pero igualmente botábao de menos.
Aínda que o tema sí me gustou,  o libro non me gustou moito porque non ten misterio nin intriga. 


Fátima:
A min pareceume un libro moi bonito porque Miro e Daniel  fixéronse amigos,  confiáronse os seus soños un ao outro e  … sempre tiñan aventuras.
Miro queríalle moito a súa nai  e volveuse moi rebelde cando descubriu que a súa nai estaba no cárcere. Foi moi triste cando Violeta, a avoa de Daniel, morreu. Ela predicía que ía morrer antes de cumplir os 100 anos.
Gustoume moito este libro.


😉Xa vedes que hai diversidade de opinións e diferentes  puntos de vista, cada un temos as nosas preferencias e eso dalle emoción, se todos opinaramos igual sería aburrido.

Seguiremos lendo e comentando. 
Unha aperta, Ángeles. 



 








martes, 28 de abril de 2020

"LOS TRES MOSQUITEROS"

 Volverán las oscuras golondrinas
en tu balcón sus nidos a colgar,
y otra vez con el ala a sus cristales
jugando llamarán.

          Gustavo Adolfo Bécquer







Fai unhas semanas que se escoitou o canto do cuco nas nosas terras, agora outros tres paxariños viaxeiros están de volta: " Andoriñas, avións e cirrios". Estes paxaros confírmannos que deixamos atrás o frío do inverno. 
 Son moí parecidos entre eles, hai que se fixar ben para distinguilos.
Chámanlles : OS TRES MOSQUITEROS.

Le o artigo Tres mosquiteros
Escribe a túa opinión. Tamén podes facer algunha das propostas que che suxiren no artigo. Con cal te atreves?
Xa sabes envía o teu comentario ao Drive.

Unha aperta,
Ángeles


lunes, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 27 AO 1 DE MAIO

Bos días,

comezamos con unha lectura, xa sabes, dalle a play 😉









MATEMÁTICAS

 Hablamos de agujeros negros? Sabías que en matemáticas también existen agujeros negros? Si lo quieres comprobar, clica aquí.


Entra en el  libro digital, en el apartado 3 "Unidades de medida de capacidad"y lee con calma. 

Realiza los ejercicios 19, 21, 24 y 25. 
Publícalo en  tu carpeta de Drive (con los enunciados). 



Empezamos a repasar Fracciones

En el libro digital tenéis una tarea asignada, podéis empezar a  hacerla.


CIENCIAS NATURAIS

Traballa "As reacción químicas", as páginas 100 e 101 do libro (saltamos un apartado que veremos na próxima semana). 
Fai as actividades 1 e 2 da páxina 101. 

Observa estes vídeos sobre cambios químicos:





Agora tócache a ti facer unha reacción química.
Farás un volcán en erupción, para elo colle a plastilina que xa fixeches a semana (en lugar da arxila que che propón no vídeo).



Podes facer esa reacción ou calquera outra que prefiras, ten coidado e pídelle a algún adulto que te acompañe
mientras a fas.
Faille unha foto, así  todos poderemos ver o  teu traballo. 


CIENCIAS SOCIAIS 

Finaliza a actividade que che propuxen a semana pasada.
Le o apartado "A Unión Europea (UE)",  páxinas 128 e 129 do libro. É importante que o leas ben, na mitad da semana proporei unha tarefa.

LENGUA CASTELANA

- "El atributo"clica aquí 
Seguimos con el Atributo.

Estás list@ para demostrar que lo sabes distinguir?
En el Drive encontrarás un documento con ejercicios para practicar.

- Mañana cuando te despiertes tú y todas las personas del planetas nos habremos convertido en cosas. ¿Que objeto serías tú? Cuéntanos tu historia: como y donde naciste, como llegaste al lugar donde vives, cuantos dueños tuviste, si te sientes cómodo con la familia donde vives, si te gusta ser como eres o si querrías ser diferente en algo, cual es tu sueño... Ponle un título.
( Te puedes inspirar en el texto que tienes en el Drive de Lingua gallega para traducir).

PLÁSTICA:
Fai o teu retrato.
Utiliza as cores e a técnica que desexes: acuarela, ceras, rotuladores, collage, carboncillo.
Escribe unha palabra que exprese un desexo e pon o teu nome no folio.
Tamaño A4.
Fai unha foto e envia ao Drive.

LINGUA GALEGA 

 - Vas facer un dicionario con palabras que che parezan especialmente bonitas e que non coñecías. Podes utilizar o dicionario ou buscar en textos.
Crea un documento de google no Drive. Faille unha portada e ponlle título.
Cada día da semana (de luns a venres) añade unha palabra e o seu significado.
Escribe as palabras dunha cor e os significados doutro. 
Escribe unha oración onde apareza esa palabra, utilizando outra cor diferente. 
Ordena alfabeticamente. 
- Hai unha actividade para facer no Drive no mesmo documento de lingua castelá.

Crea unha nova carpeta no Drive e ponlle o nome de"Actividades maio",  dentro desa carpeta crea outra para cada semana do mes.

INGLÉS:


Fai os ejercicios 1 e 2.
- Copia e traduce o texto.
- Copia as preguntas e respóndeas. 

Unha aperta, 
Ángeles 😉


domingo, 26 de abril de 2020

DISTANCIAMENTO SOCIAL ENTRE ANIMAIS


National geographic





A semana pasada descubrimos que os animais son moi listos, tanto que son capaces de utilizar as matemáticas para sobrevivir,  neste  interesante artigo descubrirás que moitos deles practican o distanciamento social para evitar o contaxio de enfermidades.

Escribe a túa opinión sobre o artigo( Drive). 

Unha aperta,
Ángeles


ARTISTADAS

Reto artístico


 Hugo Lobo  tamén se inspirou no challenge creado por o The Metropolitan Museum of Art e versionou unha obra, un autorretato, e conseguíu un gran parecidoEstupendo Hugo!!


Autorretrato. Mr. Kokoschka



Quen se atreve a continuar este reto? Xa somos tres.

Unha aperta,
Ángeles

ARTISTADAS





 Estou abraiada!,  seguides facendo traballos cheos de enseño e imaginación, cos que disfrutarán os demais compañeir@s.

Xana fai unha demostración do ben que funciona o seu elaborado circuíto.






Hugo Lobo, Xurxo, Xana e Silvia coas mans na masa para conseguir unha plastilina exclusiva e moldeable( mañá poderedes amásalas de novo).


1

2

3
4


A ver se acertades? Cal é a de cada un deles?

  Xulián tamén  comparte un debuxo do seu animal fantástico, chámase ratigre.

Ratigre preparándose para ruxir



Sabedes o que é un tigrebejaEnma Barcia sí, por eso o pode explicar así de ben:

"Tigrebeja "

"La tigrebeja es un animal poco convencional.Es amarilla, como la abeja. Como la abeja y el tigre, tiene muchas líneas, aunque parecen dibujadas por un niño, porque están colocadas sin ton ni son. Sus alas parecen gotas, al colocarse de perfil, recuerdan a un gran corazón. Tiene ojos rasgados, y carece de iris. Su cola tiene forma curvada, recuerda al satélite natural de la tierra, la luna. 

La tigrebeja vive en las ciudades. Es un animal originario de Argentina, pero no tardó en colonizarse por todo el mundo. Puede llegar a medir hasta 15 cm, el ejemplar más pequeño registrado mide 0,001 mm. Sus colmillos no parecen peligrosos, pero que no te engañen. Están muy afilados, tan solo los usan para cazar.Cuando se siente amenazada, se aleja volando y rugiendo".                                                  Emna Barcia 



Unha aperta,
Ángeles

sábado, 25 de abril de 2020

ANIMAIS FANTÁSTICOS


Que tal de fin de semana?

Seguro que con gañas de saír a correr e xogar por aí, mañá será un bo día, ides poder dar un paseiño que merecedes, despois deste longo tempo dentro. Non olvidedes ser moi prudentes e non esquecer os consellos que nos dan.


Se vos falo de "camafante, cebrejo, gorijaro, ratigre, tibumiga, tigartija, orqueruxa, jitón, osibrí, leopiente ou leónmosca",  diredes que non existen. Eu digo que sí porque existen na mente de persoas creativas.
Estas palabras tan bonitas inventáronas os vosos compañeir@s e son os nomes duns animais moi peculiares, que ademais teñen unha bonita historia.







E agora unha historia cun animal fantástico coma protagonista, disfrutádea!!!

A mascota fantástica

Un día estaba no meu balcón e vin algo que voaba hacia min, pensei que era un paxaro,
pero cando se parou, vin que tiña cabeza e corpo de can e ás e rabo de dragón.

- Non teñas medo. Veño dun mundo onde hai seres mitolóxicos, atravesei un portal. ✨
Normalmente séntome no teu balcón a ver os nenos xogar no parque das Pombas.
Dime Fátima, por que levo días sin ver nenos no parque?
- Como sabes o meu nome?!
- Porque eu son un ser mitolóxico, sei moitas cousas. O meu pai e un can loro e a miña nai, un lagarto galiña.
- Increible ! Vale, xa cho digo, non hai nenos no parque porque hai un virus chamado Covid-19 ou Coronavirus e non nos deixan sair da casa porque podemos contaxiarnos. 🦠
- Pois eu sei unha forma de derrotalo, coa calor. Esta noite vou soltar lume pola boca e vou derrotalo.🔥🔥
 -É verdade, dixeron nas noticias que coa calor algún día desaparecería, probablemente no verán...
Ao día seguinte desaparecera.
FIN
Fátima Rodríguez




Temos moitas mentes creativas na clase, que sorte poder divertirnos con aventuras, debuxos, fotos, e demáis artistadas!

Unha aperta,
Ángeles

viernes, 24 de abril de 2020

MARATÓN DE XEOGRAFÍA


Bos días!

Preparados para xerar un poco de adrenalina, pois como xa vos dijera imos coa maratón xeográfica.


Comenzamos xa:

Busca na pestana da esquerda XEOGRAFÍA(no blog). En  Provincias de España (1). Pídelle a mamá ou papá que che marquen a saída para contabilizar o tempo que tardas en facelo.

Cando finalices anota o tempo, a puntuación que acadaches, os fallos e intentos.

Escríbeo no Drive en "A CARPETA GRUPO 6º A".

Data límite para facelo ata o venres, 1 de maio.


Recorda que primeiro deberías practicar en Provincias de España (3) do apartado puzzle para repasar;)

Sorte!!!!
Unha aperta,
Ángeles


jueves, 23 de abril de 2020

"OS LIBROS PRÉSTANNOS ÁS PARA VOAR MOI ALTO"

 

FRASES CÉLEBRES SOBRE A LECTURA E OS LIBROS

"A lectura danos un lugar a onde ir cando temos que permanecer onde estamos."                                       Mason Cooley

Ángeles: "Eu escochín esta frase porque me parece moí adecuada á situación que estamos vivindo. Ler é unha maneira moi especial de viaxar a lugares, coñecelos e disfrutalos imaxinando".


"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"                                Miguel de Cervantes

Fátima: "Elexín  esta  frase  porque  é  moi  interesante o que di e  tamén porque hoxe celébrase a súa  morte. Cos libros podes facer moitas cousas como imaxinar, viaxar, correr aventuras… Podes facer calquera cousa,  todo está na túa mente...

Xana: "Escollín esta frase de Cervantes, porque me pareceu á vez que simple, moi completa e bonita".

"Vexo a televisión moi educativa, cada vez que alguén a encende, retírome a ler un libro".     Groucho Marx

  Juan: "Elexín esta frase porque me parece unha boa representación do que un libro en boas mans pode facer para combatir o aburrimento ou cando alguén fai algo que non che gusta; simplemente buscas algo mellor". 


“Amar a lectura é trocar horas de aburrimento por horas de inefable e deliciosa compañía.” John Fitzgerald Kennedy.

Xurxo: "Eu escollín esta frase porque cando leo, métome tanto nos libros que deixo de escoitar todo ao meu arredor".


Non hai disfrute como a lectura “
                    Jane Austen              (escritora Británica)

 BREO:"Elexín esta frase, porque é da escritora favorita de miña nai e disfruta moito lendo as súas novelas".



“Aquel que di que non lle gusta leer é porque nunca leu”


Cristian:"Escollín esta frase porque síntoma identificado con como era antes, xa que cando me dicían que tiña que ler decía que non quería porque non me gustaba ler e xa estaba. Cando a profe insistíu en que tiñamos que ler, empezou a gustarme a lectura e agora ata estou no club de lectura do colexio".

MENTES CREATIVAS

Bo día!!!

Ata nas situación más difíciles as mentes creativas fan ARTE.
Velaquí dous proxectos que naceron dunha situación tan fea como o COVID.
Son dous libros descargables con fermosas ilustracións.
- A editorial Flamboyant comparte a historia de Alicia, que nos explica as razón de non podemos saír.
- O outro é un conto no que colaboran varias entidades e organismos. É unha historia chea de imaxinación e fantasía. Sara, a protagonista, intenta explicar aos nen@s que é o coronavirus e que se pode facer para evitar o contaxio.

Se che apetece lelos, nos tes máis que clicar no enlace e descargarlos.




"ALICIA Y EL CORONAVIRUS"

"MI HÉROE ERES TÚ"

"—Aunque no los veamos, este planeta está lleno de microbios —empieza a contarle—. Están en el agua, en el suelo, en el aire... Si los pusiéramos en una balanza, ¡pesarían más que todos los animales juntos! Hay de muchos tipos. La mayoría son buenos, nos ayudan. Pero hay unos cuantos que, si nos invaden, hacen que nos sintamos muy mal.
—¿Estos son malos? —pregunta Alicia.—Sí. Se llaman virus. Son los microbios más pequeños y no pueden sobrevivir por sí solos. Necesitan meterse en otras células, por ejemplo las de nuestro cuerpo. Una vez dentro, lo rompen todo, porque son muy brutos, y se multiplican sin parar. Así es como causan enfermedades."

Felices lecturas!

Unha aperta,
Ángeles