martes, 29 de enero de 2013

30 DE XANEIRO


Gloria Fuertes..

"Si todos los políticos
 se hicieran pacifistas
 vendría la paz."
 "Que no vuelva a haber otra guerra,
 pero si la hubiera,
 ¡Que todos los soldados
 se declaren en huelga".
 "La libertad no es tener un buen amo,
 sino no tener ninguno."
 "Mi partido es la Paz.
 Yo soy su líder.
 No pido votos,
 pìdo botas para los descalzos
 -que todavía hay muchos-"

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ MUNDIAL.
Sabemos que  se elexiu esta data coincidindo ca morte de GANDHI, avogado, pensador e político indio, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
MAHATMA GANDHI adicou a súa vida a loitar polos dereitos dos pobres,  a favor dos máis desfavorecidos no seu país. El loitaba dun xeito pacífico, con métodos no violentos. Foi o que implantou as folgas de fame.
Cada ano unha persoa ou institución é galardonada co Premio Nobel da Paz; para merecelo, esa persoa tivo que destacar durante ese ano, defendendo igualdade e  fraternidade entre as nacións ou entre as persoas.
Igual ca Gandhi, outras  personalidades ou institucións recibiron ese premio: Barack Obama, Martin Luther King Jr. , A Nai Teresa de Calcuta, International Physicians for the Prevention of Nuclear War, Nelson Mandela...
 

FRASES SOBRE A PAZ:

"Non hai camiño para a paz, a paz é  o camino".
Mahatma Gandhi.



"Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: a paz".
Albert Einstein


" Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.
Isaac Newton


viernes, 25 de enero de 2013

A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES



Agora que estamos a piques de rematar o tema: " A materia e os seus estados", uns vídeos  que axuden a comprender mellor os conceptos.

 
A MATERIA 

QUE É A MATERIA?

viernes, 18 de enero de 2013

MÚSICA E PINTURA

16 de xaneiro.
9 da mañá. Chovía a cantaros!.
Chegamos ao auditorio de Caixanova e comezou a audición.

O espectáculo era de ODAIKO, catro estupendos músicos que nos divertiron coa súa música e transmitíronnos unha  mensaxe.
Isto foi o que nós entendemos:
AÍDA: Creo que trataban de ensinar que non son sempre necesarios os  instrumentos para facer música. Eles tocaban con obxectos e instrumentos de percusión."
JORGE:" Todos tocaban moi coordinados e pensei que llevarían anos de práctica, porque algo así non se aprende en tres días".
YÓNATHAN: "Ensináronnos como o home descubriu o ritmo e a música, con instrumentos de percusión".
HUGO: "Ao chegar alí, ao ver a lámpada, coma sempre, pregúntome como a limparán. ¡Ten tantos cristais!




Rematou a actuación e... Seguía chovendo!




O seguinte destino era a  Exposición Permanente de  Pintura de Caixanova. Alí  faláronnos de " expresar os sentimentos",  como os artístas nos transmiten os seus sentimentos a través das súas obras, sentimentos como:
- Tristeza por estar lonxe da túa terra, o que nós chamamos morriña, e que sentiu Maruja Mallo cando tivo que saír de Galicia ao exilio.
- O Amor e as bolboretas
- Os sentimentos que TI  experimentas cando formas parte dunha obra, aínda que só sexa por un intre.
Estas son os nosas opinións:
NEREA A, AÍDA e ESTELA: " Explicáronnos que era unha instalación artística. Cando nunha obra de arte, escultura, pintura, o público pode PARTICIPAR".
NEREA R. : " Encantoume a obra La Diva. No bosque , cando ti entrabas podías  escoitabar mesmo o ruído das follas ao camiñar".


LAURA: " Sorprendéronme as esculturas de homes de cera encerrados en películas antiguas, que representa que todos os homes estamos encerrados na película das nosas vidas".
ESTELA: " Mesmo teño gañas de coñecer máis sobre os artistas!".









Rematamos as actividades e... Seguía chovendo!

Pasámolo xenial y por supostos todos aprendemos cousas novas! Cumpríronse os nosos obxectivos.

miércoles, 9 de enero de 2013

A VIA LÁCTEA E OS MILLÓNS DE PLANETAS

Novas estimacións apuntan a que existen millóns de planetas na VIA LÁCTEA ( preme aquí).










No UNIVERSO existen millóns de GALAXIAS, que como a VIA LÁCTEA  están formados por estrelas, nubes de gas, planetas, polvo cósmico, materia oscura. 
GALAXIAS.





Agora,  unha viaxe  polo SISTEMA SOL








Outras páxinas nas que podedes atopar información interesante:

PREGÚNTALLE A UN ASTRÓNOMO

EXPLORADORES DO ESPAZO
AS MARABILLAS DO CEO


domingo, 6 de enero de 2013

Unha poesía para comezar


Xa estamos de volta! Desexo... que veñades che@s de enerxía e con moita ilusión para aprender e disfrutar cos amig@s.

UN AGASALLO para tod@s: este fermoso poema de Antonio García Teijeiro. 


En un trozo de papel 

En un trozo de papel 

con un simple lapicero,

yo tracé una escalerita, 

tachonada de luceros. 

Hermosas estrellas de oro. 

De plata no había ninguna. 

Yo quería una escalera 

para subir a la Luna. 

Para subir a la Luna 

y secarle sus ojitos,

no me valen los luceros, 

como humildes peldañitos. 

¿Será porque son dorados 

en un cielo azul añil? 

Sólo sé que no me sirven 

para llegar hasta allí. 

Estrellitas y luceros, 

pintados con mucho amor, 

¡quiero subir a la Luna

y llenarla de color!