jueves, 30 de mayo de 2013

CANTOS M² TEN O TEU CUARTO?


Agora que estamos traballando as medidas de SUPERFICIE , xa podes calcular canto espazo ocupa o teu cuarto, o campo de fútbol, o parque...
 INDICA CANTOS M² TEN CADA UN DOS CUARTOS DESTA CASA.

Queres seguir practicando ?

viernes, 24 de mayo de 2013

UNHA VIAXE POLO ESPAZO


Viaxar ao espacio é unha aventura perigosa, pero fascinante. Un soño que se converte en realidade.


Os astronautas son as persoas que tripulan as naves que viaxan ao espazo, teñen que ter unha moi boa preparación física. Agora outras persoas xa poden ser "astronautas" e  VIAXAR  ao ESPAZO.








LE atentamente este artigo, publicado na revista Muy Interesante Junior.



Agora responde:

Cal é o premio deste concurso? Quen o organiza?
Cantas probas teñen que pasar? De que tipo son? Por que pensas que teñen que ser así?
Canta xente pasou a segunda fase?
Cando creen os especialistas que se poderán realizar viaxes a 60 Km de altura?
Que afirman os organizadores que supón esta aventura?
Se España ofertara voos espaciais turísticos, sería bo? Por que?
Por que deberías ser ti  "ASTRONAUTA POR UN DÍA" e viaxar nesa nave ?

viernes, 10 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Santiago 1950-2002

Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.
                                                                              ROBERTO VIDAL BOLAÑO



 ROBERTO VIDAL BOLAÑO, como dramaturgo consegue que o teatro galego empece a medrar e a ser valorado. Ademais de AUTOR  foi actor, productor e director. Recibiu o Premio Nacional de Teatro.
Cando deixou o seu emprego na banca, decidiu profesionalizar a súa compañía de teatro Antroido.
A súa obra é ampla e variada, de diferentes estilos. Nela critica a modernidade e defende a recuperación do popular, do tradicional. Soubo reflexar na súa obra a Galicia do século no que viviu.


Entre as súas obras destacan:
AGASALLO DE SOMBRAS, adicada a Rosalia de Castro.
RASTROS E DOENTES.
SAXO TENOR. Premio Álvaro Cunqueiro.
ANIMALIÑOS.Triloxía sobre a vida nunha urbanización , onde sofren unha praga de caracois.
ACTOS ESCUROS.
LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES.


miércoles, 8 de mayo de 2013

LIXO NO ESPAZO



Non só se está xerando lixo na terra, tamén no espazo xa hai toneladas del.

A revista "Muy interesante" publicou un artigo sobre como acabar co lixo espacial.


Despois de ler o artigo e ver o video responde:
Que tipos de lixo hai no espazo?
Por que supón un perigo para as estacións espaciais, naves tripuladas e satélites?
Onde está un dos ollos que vixía o lixo espacial?
Por que razón China xerou lixo espacial?
Que propón uns enxeñeiros británicos para acabar con este problema?
Que opinas ti? Por que?