jueves, 22 de mayo de 2014

XORNADA DE XOGOS POPULARES 2014

O pasado venres, 16 de maio na escola celebramos a Xornada de Xogos Populares, actividade que ven sendo habitual dende fai uns anos.
Os xogos eran coñecidos: as chapas, o truco, as gomas, os zancos, a chave...así ata 15 xogos!

Fomos rotando e puidemos xogar a todos eles durante casi ..tres horas.

As fotos mostran o ben que o pasamos...Unha mágoa que só sexa unha vez no curso!















Agora  a retar aos avós cos xogos nos que eles son os expertos! Coñecerán algún que nós aínda non?
Averiguádeo ;)

martes, 20 de mayo de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

QUERES VER A TÚA CIDADE DEBAIXO DA AUGA?
Escribe  worldunderwater.org en google chrome e verás...



Aumento do nivel do mar, froito do cambio climático

Desde 1973, o 5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Cada ano un país diferente é o anfitrión, este ano é a  illa de BARBADOS; unha illa do Caribe que tamén  loita  contra o cambio climático. O tema é "ALZA A TÚA VOZ, NON O NIVEL DO MAR".



Preténdese concienciarnos a todas as persoas en temas ambientais, motivándonos para que nos preocupemos e comecemos a ser máis respectuosos como Medio Ambiente.





ESPAÑA  foi anfitriona desta celebración en 2004 co tema "¡SE BUSCAN! MARES Y OCÉANOS. ¿VIVOS O MUERTOS?".

domingo, 11 de mayo de 2014

Xosé María Díaz Castro. LETRAS GALEGAS 2014

Poeta e traductor
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914 - 1989), poeta nado en Guitiriz (Lugo). Exerceu como profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e en Madrid  como profesor e traductor.
O seu primeiro poema publicado foi “ Lluvia de rosas”.

A SÚA OBRA:
Nascida dun sono “,  “El cántico de la ciudad”  e “Nimbos”.
Publicou, ademais, traducións ao galego e ao castelán de poetas e prosistas europeos.
A súa obra posterior a NIMBOS é fragmentaria e algunha permaneceu inédita(sen publicar).

NIMBOS é a súa obra máis importante. Un libro curto, no que se inclúen trinta e dous poemas agrupados en sete títulos: "Pórtico", "Noite", "Lus", "Espranza", "Milagre", "Sono", "Ferida.
Destaca o poema "PENÉLOPE", onde describe a Galicia. Foi traducido ao francés.


Un paso adiante i outro atrás, Galiza,

i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

Os temas dos seus poemas eran: Galicia e as preocupacións do ser humano, a vida, a morte e o tempo.

PACO NOGUEIRAS CON DIAZ CASTRO