lunes, 30 de enero de 2012

O MAGNETISMO

Xa que imos a estudar O Magnetismo, e para que vos vaiades informando, unha preguntiña moi sinxela:
¿Quen foi o primeiro científico que comparou a Terra cun gran imán?
Podedes encontrar a información no enlace que aparece debaixo da foto da Terra.

                                                                          

A Terra, un imán

Tod@s estades no certo, este científico foi William Gilbert.
 

HOXE 30 DE XANEIRO, DÍA DA NON VIOLENCIA

Como todos os nen@s celebramos este día con moita ilusión e bos propósitos, fixemos  actividades que nos invitaron a reflexionar e a intentar que a non violencia empece na escola, repectando e valorando a tod@s por igual.


Brayan G.

Julio

Uxia


.

lunes, 23 de enero de 2012

O ANO DE DICKENS

Saberías dicir por que este ano, 2012,  é o ano de DICKENS? ..........................................................




Propóñoche que trates de responder a estas cuestións, deste xeito aprenderás un pouquiño deste famosísimo merecido autor.
O seu nome é ....................... Dickens, naceu en .......................................................
Escribiu moitas e recoñecidas obras. Neste blog, en entradas anteriores, menciónanse dúas delas ,..................................................
Cita polo menos dous personaxes da que ten relación co Nadal …….......................................................
Nas súas obras critica a pobreza, a inxustiza, a hipocresía... Concretamente en ..........................................., denuncia o traballo infantil e a utilización dos nenos para cometer delitos. É a historia dun neno que só tenun pano de seda.
Outra das súas obras titúlase DAVID COPPERFIELD, é a súa obra máis ..................................., xa que contén elementos que fan referencia a súa propia vida. Desta obra di que é o seu libro que .......................
Tamén son coñecidas algunhas das súas frases, cita unha ………………………………………............

Moi ben, case todos respondeste moi ben, pero para aqueles que tiveron algunha dúbida, volvémolo  dicir: O seu nome é CHARLES DICKENS, o 7 de febreiro cúmplense 200 anos do seu nacemento. As obras que se mencionan no blog son:"Cuento de Navidad"Oliver Twist. Os personaxes podían ser o Sr. Scrooge e Bob Cratchit. David Copperfield é a súa obra máis autobiográfica, di que é o seu libro que máis lle gusta.

viernes, 20 de enero de 2012

PAREN EL MUNDO


  No vídeo de Mafalda non  hai diálogos nin narracións, aproveitamos para facer as explicacións segundo a nosa observación.

Alba, sempre responsable e observadora, dinos:
Mafalda aparece tomándolle a febre a bóla da terra, despois vaise a ver a tele cun neno. Cando a acenden ven un tanque destruíndo unha cidade, cambian de canal. Aparece unha cidade descontrolada. Volven a cambiar de canal, aparece un mar negro contaminado. Outra vez cambian de canal e aparecen persoas pobres pedindo.
Mafalda vaise a un cuarto, tómalle a febre a terrra, mira para o seu amigo, moi preocupada, e túmbase nunca banqueta que hai ao lado da bóla da terra. O amigo vaise do cuarto, e mira para o frente como decindo: ‘’ Hai que salvar a terra’’.

Julio, moi atento e sempre buscando explicacións, comenta:

Mafalda está cun neno vendo a televisión e só aparecen guerras, ríos contaminados, xente pobre que non ten diñeiro nin que comer. Mafalda vai  onda a terra, que está na cama con febre. Refírese a que o mundo estase volvendo tolo, está enfermo e hai que curalo.

Paula, sempre eficiente e moi hábil, opina:

Aparece unha nena, Mafalda, que lle pon un termómetro a un mundo enfermo.
Vaise a ver a televisión co seu amigo Felipe, na televisión só botan cousas como : guerras,  contaminación... Felipe  cambia varias veces de canal. Mafalda  vai onde está o mundo, quítalle o termómetro e entristécese ao velo.
Isto quere dicir que estamos matando ao mundo. 

jueves, 19 de enero de 2012

A MATERIA E OS SEUS ESTADOS

Rematado o tema de Coñecemento e como reforzo para axudarvos a COMPRENDER mellor  o tema, déixovos aquí este vídeo.

A materia e os seus estados

miércoles, 18 de enero de 2012

POEMAS PARA A PAZ

Xa comezamos a  escribir os nosos poemas adicados a paz. Mentras os imos rematando, podemos ler estes tan fermosos, que transmiten os mesmos sentimentos que os que nós intentamos transmitir.
                                                   
                         LA MURALLA
Para hacer esta muralla,
tráiganme todas las manos:
los negros sus manos negras,
los blancos sus manos [blancas.
Ay,
una muralla que vaya
desde la playa hasta el monte,
desde el monte hasta la playa,
allá sobre el horizonte...
Nicolás Guillén
      
       
 Solo tres letras
                            
  Solo tres letras, tres letras nada más,
solo tres letras que para siempre aprenderás.
Solo tres letras para escribir PAZ.
La P, la A, y la Z, solo tres letras.
Solo tres letras, tres letras nada más,
para cantar PAZ, para hacer PAZ.
La P de pueblo, la A de amar
y la zeta de zafiro o de zagal.
(De zafiro por un mundo azul,
de zagal por un niño como tú.)
Gloria Fuertes



lunes, 16 de enero de 2012

30 DE XANEIRO. DÍA DA NON VIOLENCIA

Todos desexamos un mundo de paz e non violencia, moitas persoas adícanlle os seus poemas, as súas cancións, os seus debuxos, os seus feitos… poucas adican a súa vida a loitar e defender os  dereitos dos que non se poden defender.
O día 30 de xaneiro, como xa sabedes celebramos  o DIA DA PAZ, coincidindo ca morte de Mahatma Gandhi.
Invítovos  a  que reflexiones  e que tamén vós lle adiquedes  un poema, unha frase, un debuxo … UN DESEXO.

Paren el mundo
                                                                                     
                                                  
                                                  
      Pablo Picasso. Neno cunha pomba



domingo, 8 de enero de 2012

Estades preparad@s?

Despois duns días de descanso para disfrutar das festas, familia, amigos, regalos... agora toca volver a empezar. Espero que veñades con moitas gañas de seguir aprendendo cousas novas. Ata mañá.