viernes, 24 de febrero de 2012

QUE SABES TI DE ROSALIA DE CASTRO?






Tal día como hoxe, de 1837 nacía Rosalía de Castro, na vila de ------.
Esta notable muller, escribiu tanto en ----------- coma en --------; en ---------- e en --------------. O seu primeiro libro publicado foi ------ .  A súa obra --------------------------------------- foi a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. O 17 de maio, Día das Letras Galegas , foi o día ---------------------------------------- . Adicoulle un libro a --- --------.
Entre as súas obras pódense destacar: ----------------------, ---------------------------, ------------------------------.


Que ben debe saber a agua desta botella! . Co sabor á auténtica Galicia, a rio, a fonte , a........





Xa todos sabemos que Rosalia naceu en Padrón. Escribiu tanto en prosa coma en poesía, en galego e como en castelán. O seu primeiro libro publicado foi " La flor". " Cantares Gallegos"é considerada a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, a súa publicación foi un 17 de maio.Adicoulle un libro a súa nai.


martes, 21 de febrero de 2012

SABOREANDO POEMAS

Un  refrán di que: "marzo marzal, cara de can", pero a verdade é que remata o inverno, comeza a primavera, menos frio, máis luz, flores, máis alegría... e iso esperta en nós sentimentos e emocións que nos inspiran para crear POEMAS.
Na nosa escola será MARZO POÉTICOtod@s seremos poetas e tentaremos escribir. Podemos comezar por ler estes libros de María Domínguez e Juan Carlos Martín Ramos,  e así ambientarnos e achegarnos ao mundo da POESÍA,  un mundo de metáforas, anáforas, repeticións, comparacións... Ámino  e a disfrutar!




Unas palabras de espuma                           
te quiero yo regalar,
de esas que parecen olas
y se mecen en mi mar,
de las que se visten de gala
para ir a comprar un sueño,
para viajar a las nubes
o al lejano país de los cuentos.
Unas palabras de espuma
te quiero yo regalar...
                                     

POEMA-ÍNDICE
Aunque se acabe esta página,
 si tú las buscas,
 encontrarás más palabras.
 En las páginas siguientes,
 cada palabra que leas
 cántala si no la entiendes.
 Varias páginas después,
 si te pierdes, hay caminos
 para volver.
 Lo que ya se me olvidaba,
antes del punto final

                                                                    

viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO

Estamos de festa… estamos de Entroido!
Durante a semana estivemos seguindo as órdenes do noso MEQUIÑO, que coma cada ano foinos dicindo que complemento de disfraz deberíamos traer:
 “O luns, algo no pescozo deberás colgar,
   O martes engadirás algo que no cabeza porás,
  O mércores , imaxina e debuxa na túa cariña,
 O xoves, con pinzas has de te adornar.
 Falta o venres! Pois non,
 O venres  todos de hippies
 toleamos a rabiar.”

O xoves, como xa é costume no cole, celebramos o DÍA DOS POSTRES.
Que ricos!  Orellas feitas con moita paciencia, filloas recheas con moito agarimo, bizcoitos de ledicia…
O mellor de todo foi que compartimos e probamos o que aos nosos compañeir@s lles gusta tanto , tantísimo do que lles cociñan as  súas  mamás, as mellores cociñeiras do mundo mundial!  Gracias mamás pola vosa colaboración.


O desfile hippie!
Hoxe na escola había caracois, abelliñas, bolboretas, piratas, guerreiros, exipcios, ….. e hippies, de todo menos nen@s  e profes.
Case que un cento de hippies pasearon, bailaron e xogaron. Hippies loiros, hippies morenos, hippies modernos ou dos anos  60... Pero todos cun gran lema: “ Con amor e paz, o mundo mellorará”.

Rematamos o día coa queima do Meco, xa que foi un gamberrete quixémolo castigar. E todos xuntos dixémoslle que deica o próximo ano o deixaremos descansar.


viernes, 10 de febrero de 2012

PREPARÁMONOS PARA O ENTROIDO

  Cantiga de Entroido
  " Adiós Martes de Entroido, 
   adiós, meu amiguiño
   hasta o Domingo de Pascua
   non comerei máis touciño".                                       
 
         


Celébrase en toda ------------------, dende hai moitísimos anos, tantos que, non se sabe con certeza cal  foi a súa orixe. Uns pensan que é unha festa de orixe ------; outros que se celebraba en adoración a -------------.
Sábese que esta festa sinalaba --------------------------------------------------------.
Os Carnavais son  moi populares en Galicia, sobre todo na provincia de -----------------. Os traxes  son ------------------------- en cada zona, as persoas que os levan reciben diferentes -------------:   en Verín son chamados ----------------------------;  en Laza, ----------------------; en Xinzo de Limia, --------------------------------.
Escribe algún refrán que teña que ver co Entroido e explícallo: --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para os que aínda non respondeste, velaquí tedes as respostas:
Os carnavais celébranse en toda Europa e en moitos lugares do mundo, os de Brasíl son os máis grandes e en Bélxica celébranse durante todo o mes de febreiro. Uns pensan que é unha festa de orixe celta, outros que se celebraba en adoración a Baco, deus do viño. Esta festa sinalaba o fin do inverno e o comezo da primavera.
En Ourense son moi populares, en cada zona levan diferentes traxes, recibindo diferentes nomes: en Verín son os cigarróns; en Laza, peliqueiros e en Xinzo da Limia son as pantallas.

lunes, 6 de febrero de 2012

EXPOSICIÓN ECOSISTEMAS

Os alumn@s de 6º Nivel presentamos a nosa exposición dos diferentes ecosistemas.
Todo comezo deste xeito:
Iamos estudar os ecosistemas e ocorréusenos compartir con toda a escola o que nos aprenderamos.
Primeiro investigamos sobre as características  de cada un deles e sobre os diferentes organismos que viven neles, e logo representámolos plasticamente: selva, sabana, deserto e ecosistema mariño.
Por último elaboramos a nosa guía para facer a exposición oral.

Hoxe iniciamos as visitas, e fomos nós, os alumn@s de 6º Nivel, os que tivemos o pracer de escoitar a nosa REPRESENTANTE e PORTAVOZ, PAULA, que nos explicou A SELVA. A súa intervención foi estupenda, igual ca dos outr@s compañeir@s das outras clases. Parabéns!.


 


 

Tucanos, serpes, loros, arañas,crocodrilos, monos... moitísimas árbores, palmeiras,fentos....

jueves, 2 de febrero de 2012

AS DÚAS GIOCONDAS


Hoxe,  quero que observedes estas dúas imaxes, que supoño xa coñecedes. Son moi parecidas, pero hai diferencias, intentade buscalas.


A auténtica é a que está situada -------------------------------------. Este cadro foi pintado por ---------------------------------, pintor ------------------, considerado  un dos máis importantes do -------------------------Este cadro está exposto no ------------------------------------------ en --------------.
O cadro xemelgo foi pintado por -----------------------------------------------e podemos observalo no  ------------------------------------------------- en ----------------------.

Estupendo!.Xa o correximos entre todos, pero por si algún/a aínda non o sabe...
A auténtica está situada a esquerda. É do pintor italiano Leonardo Da Vinci, considerado un dos máis importantes do Renacemento. Este cadro podemos disfrutalo no Museo do Louvre en Paris.  O xemelgo, está comprobado que foi pintado no mesmo taller de Da Vinci e na mesma época, por un dos seus discípulos. Está no Museo do Prado en Madrid, e viaxara ao Louvre.